O Consello da Cultura Galega quere celebrar a aparición do xornalismo en Galicia coa reprodución facsimilar do seu primeiro fito: El Catón Compostelano, publicado na sobranceira imprenta compostelá da viúva de Frayz no primeiro de maio de 1800 por Valle-Ynclán. Longa e frutífera é a historia do xornalismo en Galicia e aínda escaso o coñecemento que temos dela, a pesar das amplas contribucións de relevantes historiadores da prensa.
Coa reproducción facsimilar de El Catón Compostelano, O Consello da Cultura Galega quere contribuír a facilitar ós investigadores e ó público en xeral o acceso e a consulta desta publicación, da que ata o momento só era coñecida unha colección incompleta na Biblioteca Nacional en Madrid e da que se localizou outra máis ampla, de 21 números en Ourense, propiedade da familia Amor-Vázquez. Grazas á colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia, o primeiro ensaio do xornalismo do país pasará a ser patrimonio de tódolos galegos.

[Data da nota de prensa: maio 2020]

Título Catón Compostelano, El
Coordinación Xosé López García
Autoría Rosa Aneiros
Xosé Ramón Barreiro Fernández
Rosa Cal
Francisco Campos Freire
Manuel Gago
Xosé López García
Ramón Mariño Paz
Xosé Pereira
Xosé Ramón Pousa
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2000
Edición 1ª edición
Descrición física 2 v. ; 24 cm.
Notas v.1: Facsímil -- v.2: Estudios / Xosé López García, coordinador.
Reprod. da ed. de: Santiago de Compostela : Viuda de Fraiz, 1800.
ISBN 84-95415-12-7
Depósito Legal VG 524-2000
CCG. Signatura CCG 2000 168-1 ; CCG 2000 168-2
Url externa pdf en liña
Url externa Catálogo RBG
Materias
Código QR