A Economía Ambiental trata de ofrecer unha visión global do funcionamento do sistema económico, sen esquecer que o medio ambiente é o punto de partida e o destino de todos os bens e servicios que inflúen no noso benestar. Esta visión global é imprescindible para acadar o obxectivo último: un desenvolvemento que implique melloras perdurables na calidade de vida. Así, foi de sumo interese a realización en Galicia dun seminario sobre Economía do Medio Ambiente que proporcione unha visión xeral dos avances nesta disciplina e ilustre as súas potencialidades, cunha revisión de estudios empíricos sobre problemas concretos. Nesta toma de contacto están presentes un nutrido conxunto de economistas ambientais con experiencia solvente en áreas coma a paisaxe rural, os RSU, as emisións á atmósfera, a contaminación acústica, prácticas agrarias, xestión pública da auga, etc., xa relevantes en Galicia e que, polo tanto, poden interesar máis aló dos propios grupos de investigación en economía ambiental. As aportacións deste seminario interesan tanto á comunidade científica galega (biólogos, enxeñeiros, químicos, etc.) coma ós axentes institucionais que interveñen día a día na definición e implantación de políticas, controis, incentivos, etc., sobre temas de xestión de recursos e do medio ambiente.
Título Economía ambiental e sociedade = Environmental economics and society
Actas do Seminario celebrado en Santiago de Compostela o 8 de maio de 2000
Coordinación Albino Prada
María Xosé Vázquez Rodríguez
Autoría José Carlos del Álamo Giménez
Autoría Vivien Foster
Alberto Gago Rodríguez
Manuel González Gómez
Xosé Manuel González Martínez
Xavier Labandeira
Philippe Polomé
Albino Prada
Pere Riera
José Manuel Lima e Santos
Manuel María Varela Lafuente
María Xosé Vázquez Rodríguez
Limiar Albino Prada
María Xosé Vázquez Rodríguez
Presentación José Carlos del Álamo Giménez
Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Sección de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade, 2001
Edición 1ª edición
Descrición física 392 p. : gráf., mapas col. ; 24 cm.
Notas Textos en galego, portugués e inglés
ISBN 84-95415-33-X
Depósito Legal VG 566-2001
CCG. Signatura CCG 2001 199
Url externa Catálogo RBG
Materias
Código QR