O val de Fornela, situado en terras occidentais de León, preto de Galicia e de Asturias, é un lugar de encontro entre as formas culturais propias do oriente galaico e outras que podemos considerar plenamente leonesas. De aí que a Sección de Antropoloxía Cultural do C.C.G. considerase esta área como lugar apropiado para realizar un novo estudio monográfico dentro do proxecto Lindeiros da Galeguidade. Nas páxinas deste libro recóllense os resultados da investigación. Aspectos como a economía agraria, o comercio ambulante, as identidades e a relixiosidade, xunto con manifestacións diversas ou, nalgún caso, singulares, como as danzas fornelas e a cultura material da zona, debuxan un panorama no que se descobren peculiaridades e tamén afinidades coas formas culturais de Galicia.
Título | Nos lindeiros da galeguidade: estudio antropolóxico do Val de Fornela (etnohistoria, etnomusicoloxía, etnografía) |
Autoría |
Xosé Manuel González Reboredo Luís Costa Vázquez Clodio González Pérez |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Sección de Antropoloxía Cultural, 2002 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 694 p. : il. ; 24 cm. |
ISBN | 84-95415-56-9 |
Depósito Legal | C 1837-2002 |
CCG. Signatura | CCG 2002 231 |
Url externa | Catálogo RBG |
Colección | Base |
Materias | |
Áreas | |
Código QR |