O Consello da Cultura Galega publica unha segunda edición desta recompilación sistemática de documentación elaborada a partir da consulta dos fondos dos arquivos públicos da cidade de Santiago, nun marco cronolóxico que comprende aproximadamente a primeira metade do século XVII, desde o comezo da centuria até o 1648, ano en que chega a Compostela o cóengo D. José de Vega y Verdugo, considerado o introdutor do Barroco, xa que con el remata a última xeración de artistas clasicistas e póñense os alicerces dunha nova orde.

O obxectivo desta publicación é recuperar toda aquela documentación que dun modo directo ou indirecto nos permita aproximarnos ó mundo do artista, do cliente, do taller e da obra na cidade de Santiago no paso do Renacemento ó Barroco.
Titulo actividade artística en Santiago 1600-1648, A
Autoría Ana Goy
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Ponencia de Patrimonio Histórico, 2007
Edición 2ª edición
Descrición física 2 v. (917, 693 p.) ; 24 cm.
Notas A primeira edición é de 1999. Consello da Cultura Galega, Ponencia de Patrimonio Histórico. ISBN: 84-95415-07-0
ISBN 978-84-96530-48-5
Depósito Legal C 4433-2007
CCG. Signatura CCG 2007 324-1 ; CCG 2007 324-2
Url externa Catálogo RBG
Colección Fontes para a Historia de Galicia; Núm:7
Materias
Código QR