Tipo: Libro Colección: . Materias:
Compartir en:
O 7 de maio de 1959, Sir Charles Percy Snow (máis tarde, Lord Snow), científico e novelista, pronunciou a conferencia anual máis prestixiosa da Universidade de Cambridge, a “Rede Lecture”. Ese ano o título da charla era “As dúas culturas e a revolución científica”, e serviu para asentar definitivamente un termo, “as dúas culturas”, que o mesmo autor xa introducira tres anos atrás como título para un artigo na revista inglesa New Statesman. O texto da Conferencia Rede converteuse en libro (The two cultures, C.P. Snow, Cambridge University Press, 1959); ese libro abriu unha longa polémica, e agora o Consello da Cultura Galega celebra o 50 aniversario da charla inicial cunha serie de coloquios-debate e coa
tradución ao galego de As dúas culturas.
Titulo dúas culturas, As
Autoría Charles Snow
Introdución Stefan Collini
Tradución Eva Almazán
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2009
Edición 1ª edición
Descrición física 138 p. ; 24 cm.
Notas Tradución de: The two cultures
ISBN 978-84-96530-92-8
Depósito Legal C 1295-2009
CCG. Signatura CCG 2009 366
Colección Autores & textos
Materias