Compartir en:
Este Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego, coordinado por Andrés Torres Queiruga e Manuel Rivas García e redactado por corenta e seis persoas, trata de conxuntar un dicionario de pensadores galegos e unha visión temática que permita encadrar o labor máis directamente filosófico no campo xeral da nosa cultura. De aí a súa división en dúas partes: a primeira, un dicionario de autores, e a segunda, unha enciclopedia que complementa temas, ideas e persoeiros que propiamente non caben na primeira.

Deste xeito, o Dicionario, en orde alfabética, permite un percorrido polo enteiro transcurso da nosa historia intelectual e da achega realizada por cento dez autores, mentres que a Enciclopedia propicia un amplo encadramento nos diversos campos da cultura. Por último os índices onomástico e temático permiten diversos percorridos, que, conxuntando sincronía e diacronía, poden axudar a unha visión máis integral e realista da nosa cultura.
Título Dicionario enciclopedia do pensamento galego
Coordinación Andrés Torres Queiruga
Manuel Rivas García
Edición Xosé Cid Cabido
Publicación Santiago de Compostela; Vigo: Consello da Cultura Galega; Edicións Xerais de Galicia, 2008
Edición 1ª edición
Descrición física 723 p. ; 22 cm.
ISBN 978-84-96530-63-8
Depósito Legal VG 817-2008
CCG. Signatura 1 DPG ccg ; DS(GA): RE TOR dic
Url externa Catálogo RBG
Materias
Áreas