O proxecto O proceso de normalización do idioma galego (1980-2000) é unha análise cualitativa e global das políticas lingüísticas autonómicas e o seu impacto no prestixio, coñecemento e uso da lingua, polo que constitúe un instrumento de información, avaliación e de reflexión sobre a evolución da situación social
do galego nos últimos anos e sobre as posibilidades de mellorar o status
da lingua no futuro inmediato.
A presente achega está dedicada á análise da elaboración e da difusión da lingua neste período. Partimos dun dobre obxectivo, dunha banda, trátase de analizar como se afrontaron os necesarios procesos de adaptación do corpus da lingua, esixidos polas novas funcións que esta tivo que asumir: estandardización, fixación
fonética, morfosintáctica, léxica, creación terminolóxica e diversificación estilística. Doutra banda, estudamos as condicións e ferramentas de adquisición do galego
con especial atención ao ensino non regrado. Completa este volume un apartado sobre o cultivo e difusión do galego estremeiro neste mesmo período.

Título | proceso de normalización do idioma galego (1980-2000), O v. 3: Elaboración e difusión da lingua |
Coordinación |
Henrique Monteagudo Xan Bouzada |
Autoría |
Rosario Álvarez Francisco Fernández Rei Iolanda Galanes Ernesto González Seoane Henrique Monteagudo Xabier Mouriño Cagide Rosario Pérez Magdalena Bieito Silva Valdivia |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Sección de Lingua, 2003 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 492 p. ; 24 cm. |
Notas | Volume 1 Volume 2 |
ISBN | 84-95415-86-0 |
Depósito Legal | C 2922-2002 |
Url externa | pdf en liña |
Url externa | Catálogo RBG |
Colección | Base |
Materias | |
Áreas | |
Código QR |