Este volume, publicado para conmemorar o primeiro cabodano da morte de Carlos Casares Mouriño, concibiuse como unha homenaxe que se lle adica desde o Consello da Cultura Galega a quen foi o seu presidente entre 1996 e 2002. Foron convidadas a participar neste recoñecemento persoas de todos os ámbitos culturais que mantiveron estreitas relacións el, e o resultado destas colaboracións son este libro e o CD que o acompaña.
O libro contén escritos de creación literaria (poesía e narrativa), crítica e ensaios, así como a transcrición da intervención de Carlos Casares no Encontro de escritores galegos e portugueses, que se celebrou en Santiago de Compostela en 1991.
O CD que acompaña ao libro contén as narracións de varios textos literarios do autor, ademáis de tres pezas musicais interpretadas ao piano por Ramón Castromil e, para finalizar, o documento sonoro da disertación de Carlos Casares no Encontro de escritores antes mencionado.
Textos de Carlos Casares e voces narradoras:
“Frecuentou Carlos Casares a casa do teatro galego con aquela sabia discreción coa que soubo conducirse na súa vida. Agora, catro voces, representativas da nosa escena, percorren algunhas paisaxes da súa biografía literaria nun xesto que vai máis alá do conmemorativo. Quere ser a expresión dun agradecemento: por soñar un país cun gran teatro”. (Manuel Guede)
A rapaza do circo (Vento Ferido) / voz: Manuel Manquiña. -- Vou quedar cego (Vento Ferido) / voz: Miguel Pernas. --O xudeo Xacobe (Os escuros soños de Clío) / voz: Manuel Manquiña. -- Ilustrísima/ voces: Miguel Pernas, Xulio Lago, Elina Luaces. -- Deus sentado nun sillón azul / voz: Xulio Lago. -- O sol do verán / voz: Elina Luaces
[Director de son: Guillermo Vázquez Ríos; Coordinador artístico: Manuel Guede Oliva]
Obras musicais:
“As pezas A moza donosa e Bailecito foron interpretadas da miña man nunha velada no serán do día 8 de marzo de 2002, á que asistiu Carlos. Serán, pois, con toda probabilidade, as derradeiras composicións musicais que escoitou antes de deixarnos. Esta, e non outra, é a razón de que as escollese para este disco. Jeunes filles au jardin non é máis que unha florciña ventureira que cortei para Carlos no meu xardín”. (Ramón Castromil)
A moza donosa / Alberto Ginastera; piano: Ramón Castromil.-- Bailecito / Carlos Gustavino; piano: Ramón Castromil. -- Jeunes filles au jardin / Federico Mompou, piano: Ramón Castromil.
[Técnico de son: Pablo Barreiro]
Documento sonoro:
Carlos Casares: O morcego e as bolboretas. Intervención do autor no Encontro de Escritores galegos e portugueses. Santiago de Compostela, 1991.
[Técnica de son: Bea Pérez Mosquera (Arquivo Sonoro de Galicia), Federico Mompou]

Título | Carlos Casares A semente aquecida da palabra |
Coordinación |
Francisco Díaz-Fierros Viqueira Henrique Monteagudo |
Autoría |
Xavier Alcalá Marilar Aleixandre Xosé María Álvarez Cáccamo Xosé Carlos Caneiro Xavier Carro Carlos Casares Arturo Casas Vales Yolanda Castaño Luisa Castro Emma Couceiro Francisco Díaz-Fierros Viqueira Domingo Docampo Francisco Fernández Rei Víctor F. Freixanes María Pilar García Negro Salvador García-Bodaño Silvia Gaspar Manuel Guede Bieito Iglesias Xosé López García Inmaculada López Silva Arcadio López-Casanova Ramón Loureiro Marina Mayoral Henrique Monteagudo María Victoria Moreno Xosé Neira Vilas Eduardo Pardo de Guevara y Valdés Xesús Pérez Varela Luz Pozo Garza Xerardo Quintiá Xesús Rábade Paredes Antón Riveiro Coello Xavier Rodríguez Baixeras Xosé Manuel Salgado Luis Suñén Xohana Torres Andrés Torres Queiruga Luís G. Tosar Antón Tovar Marcos Valcárcel Xulio L. Valcárcel Vítor Vaqueiro Manuel Veiga Dolores Vilavedra Darío Villanueva Helena Villar Janeiro Ramón Yzquierdo Perrín |
Fotografía |
Xurxo Lobato |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2003 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 277 p. : il., fot. ; 30 cm + 1 disco (CD-DA)(1:06:13 min.) |
Notas | Bibliografía e galardóns literarios de Carlos Casares: p. 41-45. Agradecémoslles a Kristina Berg e á Editorial Galaxia a autorización para reproducir os textos de Carlos Casares. Agradecementos das narracións no CD: Clave Records* e Zouma Records*. Agradecementos polo fondo musical utilizado nas narracións teatrais: Xerardo Moscoso (Aquí silencio); Keltoi (Cossa nostra, Alalá); Xeque Mate (Maruxa, Na beira da auga, Paisaxes); Na lúa (Non vén al maio, Estrela de maio); Doa (Carballesa, Cabalgata de Ribadavia e Festa de Loor); Nani García (Ela non virá); Fasero (Os teus ollos, Canço lladre); Beladona (Reiseñor); Mutenrohi (Teño sede, Nubeira). O ficheiro comprimido adxunto (.zip) contén dez ficheiros de audio en formato mp3. |
ISBN | 84-95415-68-2 |
Depósito Legal | NA 713-2003 (Libro) NA 494-2003 (CD) |
CCG. Signatura | CCG 2003 243 |
Url externa | Catálogo RBG |
Materias |
# | Pista |
---|---|
1 | Deus sentado nun sillón azul |
2 | Ilustrísima |
3 | O sol do verán |
4 | «A moza donosa» |
5 | «A rapaza do circo» (Vento Ferido) |
6 | «Bailecito» |
7 | «Jeunes filles au jardin» |
8 | «O morcego e as bolboretas». Carlos Casares no Encontro de escritores galegos e portugueses |
9 | «O xudeo Xacobe» (Os escuros soños de Clío) |
10 | «Vou quedar cego» (Vento Ferido) |