Á parte das fondas modificacións do sistema económico mundial e a evolución de novos discursos ideolóxicos e sociais, aparecen as autoestradas da información. Son moitos os nomes dados á sociedade xerada por este proceso: sociedade postindustrial, posmoderna ou, sobre todo, era da información. As distintas identidades culturais enfróntanse a retos derivados da creación de novas redes e medios. En definitiva está en xogo a súa inclusión nos novos marcos do poder fronte ó proceso de globalización. Nos relatorios e mesas redondas destas xornadas trátanse polo miúdo a posición e estratexias das diferentes culturas perante os novos mecanismos comunicativos. Representantes da Comisión Española da UNESCO, investigadores de universidades estatais como os profesores Jorge González, Antonio Sánchez-Bravo, Víctor Fernández Freixanes, Ramón Reig, Ignacio Armentia ou Francisco Campos, e traballadores dos medios de comunicación analizan o papel dos medios públicos, a investigación académica fronte á diversidade, a iniciativa local en Internet e a posición de grandes grupos de comunicación fronte á interculturalidade.
Título Diversidade cultural e comunicación na sociedade da información
Actas das xornadas celebradas en Santiago de Compostela os días 27 e 28 de maio de 2000
Coordinación Xosé López García
Autoría José Ignacio Armentia Vizuete
José Vicente Castaño
Francisco Fernández Rei
Jorge A. González
Xosé López García
José Manuel de Pablos
Ramón Reig
Antonio Sánchez Bravo
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Sección de Comunicación, 2001
Edición 1ª edición
Descrición física 122 p. ; 24 cm.
ISBN 84-95415-36-4
Depósito Legal C 2156-2001
CCG. Signatura CCG 2001 196
Url externa Catálogo RBG
Materias
Código QR