Este volume reúne as contribucións dos especialistas que participaron no Simposio Léxico e Estandarización en Galicia celebrado en novembro de 2002 na Universidade de Santiago de Compostela.
Das diversas tarefas que implica a planificación do corpus dunha lingua minorizada, a codificación e estandarización do léxico é seguramente unha das máis complexas e problemáticas, e o galego é un exemplo abondo ilustrativo a este respecto. Tras varios anos de innegables avances neste eido, probablemente era chegado o momento de abrir un proceso de reflexión que permitise realizar un balance dos logros atinxidos e das tarefas pendentes.
Foi este o obxectivo que moveu á celebración do Simposio Léxico e estandarización en Galicia, celebrado en novembro de 2002 na Universidade de Santiago de Compostela e no que numerosos especialistas foron convidados para expoñer as súas ideas sobre diversos aspectos relacionados coa estandarización do léxico. Este volume reúne as contribucións presentadas no Simposio, coas revisións e ampliacións que os autores consideraron necesarias para a edición dos textos.
Título estandarización do léxico, A
Actas do simposio Léxico e estandarización (2002. Santiago de Compostela)
Edición María Álvarez de la Granja
Ernesto González Seoane
Autoría María Álvarez de la Granja
Moisés Barreiro Comedeiro
María Teresa Cabré
Xosé María Carballeira Anllo
Luís Daviña Facal
Francisco Fernández Rei
Benigno Fernández Salgado
Eloi Gestido de la Torre
Xosé María Gómez Clemente
María do Carme González Bueno
Manuel González González
Ernesto González Seoane
Johannes Kabatek
Henrique Monteagudo
Xosé Antonio Pena Romay
Xusto A. Rodríguez Río
Fátima Rodríguez Ruibal
María Dolores Sánchez Palomino
Antón Santamarina
Anxos Sobriño Pérez
Xulio Sousa
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Sección de Lingua; Instituto da Lingua Galega, 2003
Edición 1ª edición
Descrición física 605 p. : gráf., mapas ; 24 cm.
ISBN 84-95415-75-5
Depósito Legal C 2566-2003
CCG. Signatura CCG 2003 247
Url externa Catálogo RBG
Colección Base. Serie Lingüística; Núm:2
Materias
Áreas
Código QR