Edición a cargo do Grupo Marcelo Macías de Colaboradores do Museo e Arquivo Provinciais de Ourense e do Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega, na celebración do centenario do Museo Arqueolóxico Provincial, na que quixeron render homenaxe ás persoas que contribuíron á formación de dito museo e ao espallamento da investigación antropolóxica en terras aurienses.
A recuperación da palabra destes protagonistas é un intento de achegarnos ao seu lado máis humano.
A recuperación da palabra destes protagonistas é un intento de achegarnos ao seu lado máis humano.
Título | No centenario do Museo Arqueolóxico de Ourense |
Coordinación |
Afonso Vázquez-Monxardín |
Locución |
Afonso Cid González |
Conferencia |
Xesús Ferro Couselo Florentino López Cuevillas Xaquín Lorenzo Fernández Ramón Otero Pedrayo Xesús Taboada Chivite |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia, Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental, Grupo Marcelo Macías, 1995 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 1 estoxo (4 casetes) |
Notas | Contén: Casete 1.- Disertación de Xesús Ferro Couselo: Orixe e formación da cidade de Ourense (Colexio Médico de Ourense, 06/04/68). Casete 2.- cara A: Entrevista a Xoaquín Lorenzo Fernández, “Xocas”, sobre as súas lembranzas de Ourense (outubro 1967); cara B: Entrevista a Xoaquín Lorenzo Fernández, “Xocas”, sobre cultura galega en xeral (maio 1979). Casete 3.- Discurso de Ramón Otero Pedrayo: Ourense, as súas terras e xentes (Centro Ourensán de Bos Aires, xullo de 1959). Casete 4. – Disertación de Xesús Taboada Chivite: Florentino López Cuevillas (Museo Arqueolóxico de Ourense, 17/06/68). |
Depósito Legal | OUR 16-1995 |
CCG. Signatura | CCG 1995 75 |
Url externa | Catálogo RBG |
Materias |