A consideración do Rexurdimento como movemento de reivindicación ligüística permite analizar as actividades relacionadas coa lingua galega durante o século XIX como o resultado do labor dun grupo de persoas que realizaron diversas actividades cuns obxectivos claros e definidos: a conversión do galego nun idioma normal en Galicia. O Consello da Cultura Galega, da man de Carme Hermida, presenta esta obra que recolle unha escolma de textos publicados en revistas e xornais da época de grande importancia para o coñecemento da nosa historia, coa intención de facilitar o acceso ás fontes primarias e achegarnos á Renacencia a través das ideas expresadas polas persoas que participaron nese movemento e coñecer as súas argumentacións en prol da lingua galega. No estudo introdutorio a autora fai unha aproximación histórica e unha radiografía da situación sociolingüística do momento para contextualizar esta escolla de artigos.
Título reivindicación da Lingua Galega no Rexurdimento (1840-1891), A
Autoría Carme Hermida
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 1992
Edición 1ª edición
Descrición física 403 p. ; 25 cm.
ISBN 84-87172-73-3
Depósito Legal LU 509-1992
CCG. Signatura CCG 1992 48
Url externa Catálogo RBG
Colección Colección de Lingüística; Núm:2
Materias
Áreas
Código QR