Neste ensaio sobre a liturxia en galego Ferro Ruibal estuda a significación social e teolóxica de que Xesús falase e rezase en arameo e non en hebreo; de que os apóstolos (Novo Testamento) incorporasen xa o grego e que axiña se incorporase tamén o latín popular; de que no 813 un Concilio de Tours xa mande predicar nas modernas linguas romances e xermánicas e de que o Concilio de Trento (1562) mande xa predicar e facer catecismos en tódalas linguas vivas, que daquela os bispos de Galicia, todos foráneos, enténdeno como lingua castelá.
Aínda que a fraseoloxía galega mostra que a lingua galega está moldeada pola relixión cristiá, o certo é que O Novo Testamento non aparece ata 1979, o Misal en 1986 e a Biblia completa aparecerá en 1988, cando o galego xa é lingua cooficial dende 1981.
En Anexo ofrécense 13 documentos ilustrativos posteriores a 1969.
Título igrexa e a lingua galega, A
Ensaio
Autoría Xesús Ferro Ruibal
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 1987
Edición 1ª edición
Descrición física 96 p. : il. ; 24 cm
ISBN 84-505-5527-2
Depósito Legal C 304-1987
CCG. Signatura CCG 1988 7
Url externa Catálogo RBG
Materias
Áreas
Código QR