Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas de 2015 en homenaxe a Xosé F. Filgueira Valverde, o Consello da Cultura Galega publicou en edición facsimilar Os nenos, a primeira obra literaria do autor. Trátase dunha peza literaria curta, composta por quince historias breves que narran sucedidos de nenos de vila e de aldea, con referencias territoriais non moi precisas a varios lugares que ben poderían identificarse coas que serían as cidades máis amadas polo autor: Pontevedra e Santiago de Compostela. Alén dos textos, a edición orixinal preséntase ilustrada polas «ornamentacións» doutro pontevedrés, Luís Pintos Fonseca, e polo deseño da capa e da contracapa por parte do «xenial artista» Alfonso Castelao. Hónrase así a memoria dun dos grandes polígrafos da cultura galega do século pasado, á que contribuíu cunha extensa obra persoal de creación e de investigación en varios campos humanísticos e coa súa imlicación na fundación de institucións moi principais da cultura galega, desde o Seminario de Estudos Galegos ata o Museo de Pontevedra.
Título | Os nenos |
Autoría |
Xosé Filgueira Valverde |
Estudo |
Fina Casalderrey Miguel Fernández-Cid |
Ilustración |
David Pintor |
Limiar |
Ramón Villares |
Obxecto de estudo |
Xosé Filgueira Valverde |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2015 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 63, [XXVIII] p. : il. , cor; 22 cm.+ , [7] f. de lám. |
Notas | Edición do Consello da Cultura Galega como homenaxe ao escritor Xosé Filgueira Valverde, ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas 2015. Contén: Limiar / por Ramón Villares -- Estudos: Un latexar pola causa galega / por Fina Casalderrey -- Estudos: Filgueira Valverde e Pintos Fonseca / por Miguel Fernández-Cid -- Facsímile: Os nenos / por Xosé Filgueira Valverde ; con ornamentacións de Luis Pintos Fonseca -- 7 láminas ilustradas por David Pintor. Reprod. facs. da ed. de: Pontevedra : Lar, 1925 (na Casa de Antúnez) Edición de cincocentos exemplares numerados. |
ISBN | 978-84-92923-61-8 |
Depósito Legal | C 428-2015 |
Materias | |
Código QR |