O Consello da Cultura Galega, preocupado por colaborar no estudo das manifestacións do pobo galego ao longo da súa historia, quere celebrar a aparición dos primeiros diarios en Galicia coa súa edición facsimilar. Xunto a ela, publícase un conxunto de traballos onde distintos expertos explican o contexto en que apareceron eses medios impresos e as súas características. Pareceu apropiado achegar á edición facsimilar un volume de estudos críticos en que diversos estudosos do ámbito histórico e xornalístico analizan as características e o relevo destes medios. Deste xeito, dáselle continuidade a unha liña de traballo que comezou no ano 2000 coa edición facsimilar do primeiro fito do xornalismo en Galicia: El Catón Compostelano.
[Data da nota de prensa: maio 2020]
Título | Primeiros diarios galegos (1808-1809) [Vol. IV] Diario de la Coruña |
Coordinación |
Xosé López García Rosa Aneiros |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2008 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 4 v. ; 26 cm |
Notas | Obra completa en 4 v. : t.1. Estudos críticos -- t. 2 Diario de Santiago -- t. 3. Diario de Santiago ; Apéndice al primitivo Diario de Santiago ; Gazeta de la Coruña ; Telégrafo político y literario de la Coruña -- t. 4. Diario de la Coruña |
ISBN | 978-84-96530-64-5 |
Depósito Legal | S 1127-2008 |
CCG. Signatura | CCG 2008 352 |
Url externa | Catálogo RBG |
Materias | |
Código QR |
Gabinete de comunicación
Na véspera do Día da Liberade da Prensa recuperamos o contexto do nacemento dos primeiros diarios galegos [Data da nota: 2/5/2020].