Estas Actas recollen as conferencias e as comunicacións presentadas no Congreso Internacional "Curros Enríquez e o seu tempo", celebrado en Celanova os días 13, 14 e 15 de setembro do ano 2001, sesquicentenario do nacemento do escritor (nado en Celanova, o 15-09-1851). As Actas tamén ofrecen unha ampla Cronobiografía do autor estudado e homenaxeado e detallada información das actividades literarias e musicais que, ao longo do Congreso, complementaron as sesións estritamente académicas.
Os editores das presentes Actas e, con eles, a Organización do Congreso están convencidos de que constitúen un progreso notable na investigación sobre o escritor e, en non poucos aspectos, un esclarecemento de puntos controvertidos ou menos coñecidos da súa vida e obra. A personalidade literaria e cívica de Curros Enríquez esixía e merecía este esforzo intelectual.