A Comisión Executiva do Consello da Cultura Galega, na sesión realizada o 2 de xuño de 2014, acordou remitirlle a Iago Seara Morales, coordinador da Sección de Patrimonio e Bens Culturais, o escrito enviado pola Plataforma en Defensa do Castelo de Monterrei e pola Asociación Cultural Alto Támega, que tivo entrada no Rexistro do CCG con data 22 de maio de 2014, con relación á situación patrimonial e legal da fortaleza e Castelo de Monterrei.

Recibido o informe elaborado pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais, a Comisión Executiva do CCG, na sesión do 24 de setembro de 2014, acordou remitir o dito informe ás diferentes institucións e entidades relacionadas co Castelo de Monterrei.
Título Usos do Castelo de Monterrei (Ourense)
Informe
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2014
Edición 1ª edición
Descrición física 118 p. (Edición dixital)
Notas Non hai edición en papel
Depósito Legal Carece
Materias
Código QR