Por diferentes resolucións do 23 de setembro de 2013, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, acordouse a incoación de expediente para a declaración como Ben de Interese Cultural das coleccións Novagalicia Banco e Novacaixagalicia, así como do fondo bibliográfico e documental de Novagalicia Banco.

O interese que para a nosa cultura teñen estas coleccións, así como o singular momento que vive a institución titular destas, motivaron que a Comisión Executiva do Consello da Cultura Galega acordase a creación dunha comisión específica, que elaborou este informe, remitido ao Pleno do Consello da Cultura Galega na súa sesión do 13 de marzo de 2014, para o seu debate e aprobación.

Este informe verifica oficialmente con criterios científicos, académicos e técnicos a recoñecida relevancia das devanditas coleccións, e o seu coherente tratamento e consideración, de xeito que quede acreditado, con todas as garantías xurídicas necesarias, que estamos ante uns valores culturais que, como conxunto, merecen o maior rango de protección. O informe elabórase así coa fin de preservar a integridade das coleccións e o seu acceso para o estudo e gozo por parte de toda a sociedade galega.
Título Informe en relación co expediente para a declaracion de ben de interese cultural das coleccións “Novagalicia banco” e “Novacaixagalicia”
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2014
Edición 1ª edición
Descrición física 19 p. (Edición dixital)
Notas Non hai edición en papel
Depósito Legal Carece
Materias
Código QR