Con este traballo preténdese coñecer as posibilidades de éxito dunha incorporacion efectiva da lingua galega ó mundo da publicidade e das relacions comerciais e mercantís; analizando en que medida esta lingua desprestixia un produto que nela se vehicula ou se, pola contra, pode potenciar as vendas. Visto o importante nivel de coñecemento e uso do galego existente (en comparanza con outras linguas non estatais de Europa), que cada vez son menos excepcionais as iniciativas de uso da lingua galega no ámbito da empresa e que na poboacion galega parece existir unha grande receptividade cara a medidas tendentes á galeguizacion da sociedade, é tempo de analizar e reflexionar, con datos reais e obxectivos, a pertinencia de incorporar a lingua galega nas iniciativas e actividades colectivas relacionadas co mundo dos negocios e da empresa.
Título | Publicidade e lingua galega Os consumidores ante o uso do galego na comunicación publicitaria e nas relacións comerciais |
Autoría |
Fernando Ramallo Gabriel Rei-Doval |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Ponencia de Lingua, 1995 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 81, [9] p. : il. ; 23 x 23 cm. |
Notas | Textos en galego e castelán |
ISBN | 84-87172-06-7 |
Depósito Legal | C 1880-1995 |
CCG. Signatura | CCG 1996 112 |
Url externa | Catálogo RBG |
Materias | |
Código QR |