Este informe é a continuación de A Muller na Cultura Galega (I). O obxectivo é complementar o anterior con datos sobre a situación das mulleres en Galicia no ámbito cultural. O que se pretende é afondar un pouco máis na temática partindo de fontes primarias, habida conta da escaseza de datos nas estatísticas oficiais. Neste traballo, estudouse a presenza das mulleres nos principais galardóns culturais, así como na Administración, en postos directivos das empresas culturais, indicadores de produción e a composicións das orquestras galegas. A información tomouse de directorios públicos ou solicitouse a titulares das fontes primarias sobre as que se realizou unha posterior explotación estatística.
Título Muller na Cultura Galega (II) , A
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2014
Edición 1ª edición
Descrición física 24 p. (Edición dixital)
Notas Non hai edición en papel
Depósito Legal Carece
Colección Datos & Informes
Materias
Áreas
Código QR