Homenaxe do Consello da Cultura Galega, Bicentenario de nacemento de Rosendo Salvado (1814-2014).
Esta publicación conmemora o bicentenario do nacemento de Frei Rosendo Salvado a través de tres das súas obras para piano: O Gran walz fantástico, A Fantasía, variaciones y final e Pequeño entretenimiento con aire de marcha.
Nelas atópanse trazos dun boísimo pianismo do século XIX, escrito por un sabio compositor, dotado de elevados coñecementos e alta sensibilidade, que traduce en pentagramas os sentires do tempo seu. Trátase dun exemplo da máxima modernidade que existía cando as obras foron compostas por un músico que preferiu doar todo o que bulía nas ilusións súas soamente ao ensino e ao coidado dos que nada tiñan.

Título | Obras para piano Rosendo Salvado |
Música. Composición |
Frei Rosendo Salvado |
Presentación |
Enrique Jiménez |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2014 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 51 p. ; 30 cm. |
ISMN | 979-0-9013197-3-8 |
Depósito Legal | C 470-2014 |
CCG. Signatura | CCG 2014 450 |
Url externa | Catálogo RBG |
Materias | |
Áreas | |
Código QR |