Xosé María Díaz Castro foi poeta e tradutor. Certamente, a súa notoriedade na Historia da Literatura Galega débese á publicación de Nimbos (1961), poemario que o consagrou como un clásico da poesía do século XX. Agora ben, a súa principal dedicación vital como autor, a súa ocupación laboral como profesional e o océano literario no que se veu mergullado por máis horas e do que emerxeron máis páxinas por el asinadas foi, sen lugar a dúbidas, a tradución.

Neste volume, Cartafol de traducións e outros poemas, téntase espellar a importancia que, no conxunto da escrita diazcastriana, tiveron sempre os traballos de tradución. Non só no cuantitativo a obra tradutora do guitiricense é moi importante, senón que tamén no cualitativo ofrece textos de valor que deben contarse entre o mellor da súa produción.
Título Cartafol de traducións e outros poemas
Autoría Xosé María Díaz Castro
Edición Armando Requeixo
Limiar Ramón Villares
Obxecto de estudo Xosé María Díaz Castro
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2014
Edición 1ª edición
Descrición física 2 v. (145; 62 p.): il. ; 21 cm.
Notas Na carpeta: é unha edición do Consello da Cultura Galega como homenaxe ao escritor Xosé María Díaz Castro.
Imprimíronse cincocentos exemplares numerados.
Estoxo con 2 volumes. Contén: 1. [Estudo introductorio, transcrición de textos e notas]-- 2. [Textos]
ISBN 978-84-92923-56-4
Depósito Legal C 314-2014
CCG. Signatura CCG 2014 449
Url externa Catálogo RBG
Materias
Áreas
Código QR