Temos aquí tres libros nun só volume. Tres temas ou capítulos definidores da obra dos nosos emigrantes que arribaron a Cuba. O autor, Xosé Neira Vilas, viviu 31 anos naquela illa (entrañable para milleiros de galegos), dos que dedicou máis de vinte e cinco a investigar con rigor e tenacidade a presenza galega dende 1870 ata hoxe. Estes son os temas:
Enumeramos apenas un resumo da triloxía que engloba este volume. Tres temas moi distintos que teñen, non obstante, un denominador común: a incorporación dos nosos emigrantes á peripecia múltiple dos pobos e dos países a onde os leva o destino.
- A lingua galega en Cuba. É o primeiro estudo que se leva a cabo sobreo o noso idioma máis alá das fronteiras xeográficas de Galicia. Inclúe a fala viva nalgunhas rexións daquel país antillano; a nosa lingua na prensa galega de Cuba e na prensa cubana; libros galegos publicados na Habana; clases de galego; traducións de autores cubanos; Cátedra de Cultura Galega; voces galegas na fala cotiá de Cuba.
- Rosalía de Castro e Cuba. Rosalía, dúas publicacións periódicas; unha sociedad de declamación; versos na voz dos nenos cubanos; axuda dende A Habana a Rosalía, Murguía e as filas de ambos Alexandra e Gala; poetas cubanos que lle cantaron e a loaron; a actual Sociedade Cultural Rosalía de Castro.
- Galegos que loitaron pola independencia de Cuba. Emigrantes mambises que combateron nas dúas guerras pola independencia cubana; o xeneral Francisco Villamil; homes e muleres incorporados a loitas reivindicativas do pobo cubano.
Enumeramos apenas un resumo da triloxía que engloba este volume. Tres temas moi distintos que teñen, non obstante, un denominador común: a incorporación dos nosos emigrantes á peripecia múltiple dos pobos e dos países a onde os leva o destino.
Título | Galicia en Cuba Lingua, Rosalía, loitas |
Autoría |
Xosé Neira Vilas |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2013 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 463 p. : il. ; 24 cm. |
ISBN | 978-84-92923-55-7 |
Depósito Legal | C 2312-2013 |
CCG. Signatura | CCG 2013 443 |
Url externa | Catálogo RBG |
Colección | Autores & textos |
Materias | |
Áreas | |
Código QR |