A lingüística contemporánea con frecuencia partiu do presuposto de base de que a situación ideal das linguas é o monolingüismo, tanto no plano social coma no individual, presuposto ao que vai asociada a noción de que cada lingua constitúe un sistema pechado, autocontido e autosuficiente que evolúe segundo unha lóxica interna. Endebén, dun tempo a esta parte as situacións de contacto lingüístico e os fenómenos concomitantes están a ser abordados con outra mirada, como casos merecentes dun estudo específico.
As anteriores consideracións son especialmente relevantes cando se pensa na historia e a situación lingüística actual de Galicia, un espazo sociocomunicativo no interior do cal o prolongado contacto entre o galego e o castelán é unha realidade imposible de ignorar, e con todo moitas veces marxinalizada ou non tida suficientemente en conta na investigación académica.
Neste volume, o concepto de hibrididade é posto en discusión; debátese se resulta útil e apropiado no contexto galego, e se é capaz de arrequecer as controversias sobre as dinámicas culturais e lingüísticas en Galicia, así como sobre cuestións referentes á variación social, á norma e ao estandar, á identidade social, e ás actitudes lingüísticas. En definitiva, este volume pretende contribuír ao debate sobre os ineludibles resultados do contacto lingüístico no contexto e desde a perspectiva galega, asícomo a doutras situacións presentes no ámbito da lusofonía en que o debate é máis que actual e relevante.

Título | Contacto de linguas, hibrididade, cambio Contextos, procesos e consecuencias |
Edición |
Eva Gugenberger Henrique Monteagudo Gabriel Rei-Doval |
Autoría |
María Álvarez de la Granja Xosé Afonso Álvarez Pérez Francisco Dubert Eva Gugenberger Ana Iglesias Belén López Meirama Dante Lucchesi Marta Negro Romero Fernando Ramallo Gabriel Rei-Doval Bieito Silva Valdivia Fernando Venâncio |
Limiar |
Eva Gugenberger Henrique Monteagudo Gabriel Rei-Doval |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2013 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 326 p. ; 24 cm. |
ISBN | 978-84-92923-52-6 |
Depósito Legal | C 1872-2013 |
CCG. Signatura | CCG 2013 437 |
DOI | 10.17075/clhc.2013 |
Url externa | Catálogo RBG |
Colección | Ensaio & Investigacion |
Materias | |
Código QR |
-
-
Limiar
Eva Gugenberger
Henrique Monteagudo
Gabriel Rei-Doval
-
O cambio de paradigma nos estudos sobre contacto lingüístico : pode ser útil o concepto de hibrididade para a lingüística e a política de linguas en España?
Eva Gugenberger
10.17075/clhc.2013.001 -
A presenza do galego no léxico dispoñible do español de Galicia : análise distribucional
María Álvarez de la Granja
Belén López Meirama
10.17075/clhc.2013.002 -
A fronteira entre galego e portugués : a perspectiva portuguesa
Xosé Afonso Álvarez Pérez
10.17075/clhc.2013.003 -
As formas tipo tivo e o contacto lingüístico cos romances centrais
Francisco Dubert
10.17075/clhc.2013.004 -
Eu falo castrapo : actitudes adolescentes ante a mestura de linguas en Galicia (estudo piloto)
Ana Iglesias
10.17075/clhc.2013.005 -
O contrato entre línguas e a origem do português brasileiro
Dante Lucchesi
10.17075/clhc.2013.006 -
Contacto galego-castelán e cambio no léxico do corpo humano
Marta Negro Romero
10.17075/clhc.2013.007 -
Neofalantismo
Fernando Ramallo
10.17075/clhc.2013.008 -
PURISMO E CONTROL NORMATIVO NA LINGUA GALEGA: ANÁLISE CRÍTICA DUNHA PROPOSTA ACTUAL
Gabriel Rei-Doval
10.17075/clhc.2013.009 -
Galego e castelán : entre o contacto e a converxencia
Bieito Silva Valdivia
10.17075/clhc.2013.010 -
Atitudes portuguesas face ao castelhano
Fernando Venâncio
10.17075/clhc.2013.011
-
Limiar