O presente volume recolle os relatorios presentados no ‘Seminario sobre lingua, sociedade e política en Galicia’ organizado conxuntamente pola Sección de Lingua, Literatura e Comunicación e a Sección de Pensamento e Sociedade do Consello da Cultura Galega, que se desenvolveu entre decembro de 2009 e xuño de 2010.

Na xustificación da iniciativa que acompañou o programa impreso sinalábase: «A amplitude e intensidade que están adquirindo os debates sobre a lingua no noso país, e moi particularmente a súa relevancia política, levounos a considerar a necesidade dun foro de reflexión sobre a situación sociolingüística de Galicia, a súa evolución recente e as fórmulas desexables para o futuro, tendo en conta o marco estatal español e o ámbito luso-brasileiro, cos que sen dúbida mantemos unha estreita relación». En efecto, pretendiamos favorecer un diálogo interdisciplinar, convidando para tanto a especialistas do ámbito da politoloxía, o dereito, a economía, a socioloxía, a educación, a comunicación e a xestión cultural ademais da sociolingüística, obviamente, e interpelando profesionais de distintas áreas relacionadas co idioma, desde a docencia e a investigación ata as industrias da cultura, pasando polo xornalismo e a planificación e a dinamización lingüísticas.
Título Linguas, sociedade e política
Un debate multidisciplinar
Edición Henrique Monteagudo
Autoría Fermín Bouza Álvarez
Albert Branchadell
José del Valle
Marcelino Fernández Mallo
Mauro Fernández Rodríguez
Valentina Formoso Gosende
François Grin
Peter A. Kraus
Georg Kremnitz
Xoán Lagares
Ángel López García-Molíns
Antón Losada Trabada
Josu Mezu
Juan Carlos Moreno Cabrera
Alba Nogueira
Miguel Pérez Pereira
Xosé Ramón Pousa
Francisco Sanjiao
Goretti Sanmartín
Bieito Silva Valdivia
Tapio Varis
José Manuel Vez
Xosé Manuel Villanueva
Limiar Henrique Monteagudo
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2012
Edición 1ª edición
Descrición física 580 p.; 24x17 cm
Notas Inclúe referencias bibliográficas.
Textos en galego e castelán.
ISBN 978-84-92923-42-7
Depósito Legal C 2732-2012
CCG. Signatura CCG 2012 432
DOI 10.17075/lsp.2012
Url externa Catálogo RBG
Colección Ensaio & Investigacion
Materias
Áreas
Código QR