As actitudes lingüísticas son as opinións, ideas e prexuízos que teñen os falantes con respecto a unha lingua. Tradicionalmente, en Galicia considerábase que o galego era unha lingua que non servía para certas cousas ou que era unha lingua que non se lles debía aprender aos cativos. Cos anos, as actitudes foron mudando e cada vez é máis difícil atopar manifestacións abertamente hostís cara ao galego. O presente traballo pretende elaborar unha descrición e análise actualizada das actitudes lingüísticas dos galegos a partir dunha enquisa que se centra nos aspectos máis relevantes das opinións que os galegos teñen sobre a súa lingua, así como ofrecer algunhas pistas que completen unha análise actualizada e exhaustiva da situación sociolingüística de Galicia.
Título | lingua(s) a debate, A(s) Inquérito sobre opinións, actitudes e expectativas da sociedade galega |
Dirección |
Henrique Monteagudo |
Autoría |
Håkan Casares Carlos Neira |
Presentación |
Ramón Villares |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2011 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 112 p. : il. ; 28 cm. |
ISBN | 978-84-92923-34-2 |
Depósito Legal | C 1150-2012 |
CCG. Signatura | CCG 2011 411 |
Url externa | Catálogo RBG |
Colección | documentos & informes; Núm:20 |
Materias | |
Áreas |