Esta publicación analiza a situación sociolingüística e as expectativas e cambios que adoitan acompañala e, en boa medida, condicionala. O presente informe insírese así no ámbito de estudos de carácter sociolingüístico sobre a realidade galega. A achega principal deste traballo, malia ser modesta, céntrase en harmonizar no posible o que comeza a ser unha serie estatística sobre a situación do galego a partir de enquisas comparables, realizadas en 1992 (Mapa sociolingüístico de Galicia, realizado polo Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega), 2003 e 2008 (módulo de coñecemento e uso do idioma galego, da Enquisa sobre condicións de vida das familias, do Instituto Galego de Estatística).
Título idioma galego na sociedade, O
A evolución sociolingüística 1992-2008
Dirección Henrique Monteagudo
Autoría Purificación Carballo Pérez
Håkan Casares
Carlos Neira
Presentación Ramón Villares
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2011
Edición 1ª edición
Descrición física 92 p. : gráf. ; 28 cm.
ISBN 978-84-92923-27-4
Depósito Legal C 3178-2011
CCG. Signatura CCG 2011 409
Url externa Catálogo RBG
Colección documentos & informes; Núm:19
Materias
Áreas
Código QR