A maioría dos átomos do teu corpo creáronse no corazón das supernovas, as explosións coas que rematan a súa vida moitas estrelas. De ahí vimos todos: somos, literalmente, po de estrelas. Comprender o mundo que nos rodea é un excelente elixir mental contra a credulidade e o fanatismo. A ciencia moderna é, ademais, unha ferramenta sólida, útil, gratificante e divertida: achéganos ideas e teorías sorpredentes sobre a natureza dos Cosmos que orixinou a vida no planeta Terra. Este libro é unha invitación para gozar deste espectáculo cotián da man de Xurxo Mariño, coas ilustracións humorísiticas de Santy Gutiérrez e as infografías de Manuela Mariño.
Titulo | Po de estrelas Novas receitas científicas de Os dados do reloxeiro |
Autoría |
Xurxo Mariño |
Ilustración |
Santy Gutiérrez Manuela Mariño |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade, 2007 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 182 p. : il. ; 23 cm. |
ISBN | 978-84-96530-49-2 |
Depósito Legal | C 4340-2007 |
CCG. Signatura | CCG 2007 316 |
Url externa | pdf en liña |
Materias | |
Código QR |