O gran contributo de Ánxel Casal á Galicia do século XX estivo no campo da industria cultural, no seu intento de dotar Galicia, coa lingua galega como vehículo de comunicación, dunha estrutura editorial estable. Isto foi así tanto na edición propiamente dita de textos fundamentais para a cultura galega moderna, como na presentación estética desas obras, de acordo coas tendencias máis comúns da edición europea do momento. Neste catálogo móstranse por primeira vez os rexistros bibliográficos e as cubertas de case todas as publicacións que Casal editou e imprimiu, primeiro na editorial Lar, xunto con Leandro Carré Alvarellos, e logo, xa en solitario, na editorial Nós.
Título | Ánxel Casal, un editor para un país Catálogos de Lar e Nós |
Coordinación |
Alfonso Mato |
Autoría |
Mercedes Bangueses Alfonso Mato Lourdes Pérez González Ernesto Vázquez Souza |
Introdución |
Isaac Díaz Pardo |
Limiar |
Alfonso Mato |
Obxecto de estudo |
Ánxel Casal |
Presentación |
Ramón Villares |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega; Seminario de Estudos Galegos, 2007 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 316 p.: il. ; 25 cm. |
Notas | O debuxo da cuberta, de Luís Seoane, é unha das ilustracións que o artista realizou para o libro de poemas Mar ao Norde, de Álvaro Cunqueiro, publicado pola Editorial Nós en 1932. |
ISBN | 978-84-96530-47-8 |
Depósito Legal | C 4413-2007 |
Url externa | pdf en liña |
Url externa | Catálogo RBG |
Materias | |
Código QR |