No mes de setembro do ano 2008 o Consello da Cultura Galega publicou o libro titulado Papés d’emprenta condenada. A escrita galega entre 1797 e 1846 (I), que era o resultado dun traballo colectivo iniciado anos atrás co obxectivo de reunir a produción escrita en lingua galega durante as primeiras décadas do século XIX que se deu conservado ata hoxe e que á altura de 2008 se coñecía. Un ano despois, o simposio Lingua galega e comunicación nos inicios da Idade Contemporánea (Santiago de Compostela, 3-11 de novembro de 2009) serviu para presentar publicamente unha boa partedos traballos que ían conformar o volume de estudos que o lector ten agora nas mans. O intercambio de ideas entre os distintos conferenciantes e entre estes e os asistentes ás xornadas permitiu afinar os xuízos dos relatores e arrequentalos cos coñecementos e as reflexións doutras persoas.
Con toda a certeza, o aumento do cultivo escrito da lingua galega e da publicación de textos en galego garda estreita relación co xermolar dos sentimentos e ideoloxías galeguistas, que nos principios do século XIX, cando as vellas estruturas do Antigo Réxime empezaban a abanear levemente, se encontraban en estado aínda embrionario. Ora ben, ese aumento está tamén indubidablemente conectado coa aparición e o primeiro desenvolvemento da prensa en Galicia, propiciados polo vivaz debate público suscitado daquela entre os absolutistas e os liberais, é dicir, entre os partidarios de deixar estar as cousas tal como viñan estando desde había séculos e os que propugnaban a instauración dunha nova orde política e socioeconómica sustentada sobre a base do recoñecemento da soberanía popular. Os traballos que neste volume se agruparon constitúen unha reflexión colectiva sobre todos estes procesos.

Título | Papés d’emprenta condenada (v. II) Lingua galega e comunicación nos inicios da Idade Contemporánea |
Edición |
Ramón Mariño Paz |
Autoría |
Rosario Álvarez Rosa Aneiros Xosé Ramón Barreiro Fernández Javier Díaz Noci Ernesto González Seoane Jaume Guillamet Carme Hermida Xosé López García Ramón Mariño Paz Xurxo Martínez González Gonzalo Navaza Blanco Xosé Ramón Pousa Damián Suárez Vázquez Anxo Tarrío Varela |
Limiar |
Ramón Mariño Paz |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega; Instituto da Lingua Galega, 2012 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 570 p.; map.; 24 cm. |
Notas | Obra completa en 2 v.: Volume I. A escrita galega entre 1797 e 1846/ Ramón Mariño Paz (ed.). (Colección Base) |
ISBN | 978-84-92923-29-8 |
Depósito Legal | C 727-2012 |
CCG. Signatura | CCG 2012 417 |
DOI | 10.17075/pec.2012 |
Url externa | Catálogo RBG |
Colección | Ensaio & Investigacion |
Materias | |
Código QR |
-
Limiar
-
Limiar
Ramón Mariño Paz
-
Limiar
-
Os primeiros pasos do xornalismo no contexto galego e español dos inicios da Idade Contemporánea
-
Galicia entre dúas revolucións (1789-1808) : pensamento e cultura
Xosé Ramón Barreiro Fernández
10.17075/pec.2012.001 -
Cataluña y los inicios de la prensa periódica en España
Jaume Guillamet
10.17075/pec.2012.002 -
El primer periodismo vasco : formas protoperiodísticas y primeros periódicos (1680-1858)
Javier Díaz Noci
10.17075/pec.2012.003 -
A sociedade de principios do século XIX como receptora da primeira prensa galega
Xosé Ramón Pousa
10.17075/pec.2012.004 -
A loita do púlpito contra o periódico : a presenza de modalidades expresivas dialogadas nos textos galegos de inicios do século XIX
Rosa Aneiros
Xosé López García
10.17075/pec.2012.005
-
Galicia entre dúas revolucións (1789-1808) : pensamento e cultura
-
Lingua e literatura galegas nos inicios da Idade Contemporánea
-
A literatura galega anterior ao Rexurdimento
Anxo Tarrío Varela
10.17075/pec.2012.006 -
Achegamento ao perfil lingüístico dos autores dos inicios da Idade Contemporánea
Rosario Álvarez
10.17075/pec.2012.007 -
Notas sobre a funcionalidade do popularismo léxico nos textos galegos do Prerrexurdimento
Ernesto González Seoane
10.17075/pec.2012.008 -
Contribución a unha análise da Parola de Cacheiras
Carme Hermida
10.17075/pec.2012.009 -
Análise lingüística da obra en galego de Antonio Benito Fandiño
Ramón Mariño Paz
10.17075/pec.2012.010 -
Algunhas notas sobre vocabularios e outros traballos lingüísticos da época pregaleguista
Damián Suárez Vázquez
10.17075/pec.2012.011
-
A literatura galega anterior ao Rexurdimento
-
Máis papés
-
Novos textos e primeiras edicións de textos do Prerrexurdimento ata o de agora esquecidos ou ignorados
Ramón Mariño Paz
Damián Suárez Vázquez
10.17075/pec.2012.012 -
Un texto inédito de 1827 : a carta do cura de Esmelle
Gonzalo Navaza Blanco
10.17075/pec.2012.013 -
Carta dun liberal galego no voceiro do progresismo español
Xurxo Martínez González
10.17075/pec.2012.014
-
Novos textos e primeiras edicións de textos do Prerrexurdimento ata o de agora esquecidos ou ignorados