Dúas décadas despois da desfeita cultural e política provocada pola Guerra Civil, as primeiras asociacións culturais fundadas nas cidades e nas vilas de Galicia foron capaces de dar pasos pioneiros e determinantes para a defensa e a promoción dos valores culturais do pobo galego, anunciando o que habería de ser o programa cultural desenvolto polo sistema autonómico constituído a partir da transición democrática.

Esta mostra detalla o máis significativo do quefacer cultural de moitas desas cidades e vilas galegas, que deron os primeiros pasos para unha necesaria regaleguización, organizando cursos de lingua galega, ciclos sobre a historia de Galicia ou conferencias e coloquios dedicados a reflexionar, argumentar e debater sobre o teatro, o espallamento da obra literaria, o achegamento ao cinema e á música… Iniciativas e actividades que crearon novas redes de comunicación e abriron, así mesmo, relacións e espazos aos contidos culturais nos medios de comunicación, a saber, na prensa impresa e na radiodifusión, pois daquela a televisión aínda ficaba lonxe. Esta exposición trata pois de recoñecer e difundir o traballo das xentes e dos colectivos pioneiros do asociacionismo cultural, poñendo en valor aquel legado e incorporando eses activos a este tempo noso.
Título canto e unha luz na noite, Un
Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975)
Coordinación Ricardo Gurriarán
Autoría Xesús Alonso Montero
Luís Álvarez Pousa
Manuel Caamaño Suárez
Antón Costa Rico
Eduardo Gutiérrez
Henrique Harguindey Banet
Manuel Lourenzo
José Martinho Montero Santalha
Camilo Nogueira
Xosé María G. Palmeiro
Manuel F. Rodríguez
Agustín Rodríguez Caamaño
Euloxio Ruibal
Antón Santamarina
Miguel Anxo Seixas
Xosé Carlos Sierra Rodríguez
Elías Torres
Afonso Vázquez-Monxardín
Malores Villanueva
Introdución Ricardo Gurriarán
Presentación Ramón Villares
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2012
Edición 1ª edición
Descrición física 172 p. : il. , cor ; 25 cm.
ISBN 978-84-92923-33-5
Depósito Legal C 654-2012
CCG. Signatura CCG 2012 419
Url externa Catálogo RBG
Evento Exposición. Un canto e unha luz na noite
Un canto e unha luz na noite. Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975). Itinerante
5/3/2014. Casa de Galicia. Madrid Exposición. Un canto e unha luz na noite
Un canto e unha luz na noite. Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975).
13/12/2013. Sede de Turismo Rías Baixas . Pontevedra Exposición. Un canto e unha luz na noite
Un canto e unha luz na noite. Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975).
30/7/2013. Casa da Cultura. A Rúa Exposición. Un canto e unha luz na noite
Un canto e unha luz na noite. Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975).
9/5/2013. Centro Cultural Marcos Valcárcel. Ourense Exposición. Un canto e unha luz na noite
Un canto e unha luz na noite. Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975).
28/2/2013. Fundación Luís Seoane. A Coruña Exposición. Un canto e unha luz na noite
Un canto e unha luz na noite. Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975).
10/1/2013. Círculo das Artes. Lugo Exposición. Un canto e unha luz na noite
Un canto e unha luz na noite. Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975).
3/12/2012. Igrexa da Magdalena. Ribadavia Exposición. Un canto e unha luz na noite
Un canto e unha luz na noite. Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975).
9/10/2012. Casa Galega da Cultura . Vigo Exposición. Un canto e unha luz na noite
Un canto e unha luz na noite. Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975).
18/4/2012. Museo do Pobo Galego. Santiago de Compostela
Materias
Áreas
Código QR
qr code