Eduardo Blanco Amor coordinou o Recital Antolóxico da Poesía Galega dos séculos XII ao XX, que se celebrou en Bos Aires o 24 de xullo de 1956, nos locais do Centro Galego. Contou coa colaboración da Asociación Galega de Universitarios, Estudantes e Artistas. Este documento sonoro excepcional foi o primeiro recital antolóxico da poesía galega. Contou coas voces de Fernando Iglesias "Tacholas", Pilar Lebrón, Lita Soriano, Anita Fontao e Lito López.
Titulo Recital antolóxico da poesía galega dos séculos XII ao XX
Centro Galego de Bos Aires, 24 de xullo de 1959
Dirección Eduardo Blanco Amor
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia, 1998
Edición 1ª edición
Descrición física 2 casetes + 1 foll.
Notas Estoxo con 2 casetes + transcrición
ISBN 84-87172-31-8
Depósito Legal OUR 4-1998
CCG. Signatura CCG 1998 144
Url externa vídeo en liña
Url externa Catálogo RBG
Colección As nosas voces; Núm:15
Materias
Áreas