Na case totalidade dos destinos aos que a emigración galega se dirixiu ao longo de máis de dous séculos, tivo lugar a aparición dun asociacionismo étnico sumamente variado. Este asociacionismo, en definitiva, perseguiu o múltiple obxectivo de operar como sistema de amparo e protección dos emigrantes, de ofertar diversas fórmulas de sociabilidade, así como demanter os vínculos coa sociedade de orixe, reportando beneficios ás comunidades galegas, tanto da Galicia territorial como da exterior.

A experiencia compartida da emigración é a pedra fundante do edificio do asociacionismo. E este é o motivo central desta exposición temática, dedicada a rastrear a particular historia da identificación e afirmación das colectividades galegas no exterior. Que o seu título sexa «Nós mesmos», alén dun vago aceno irlandés, indica ben ás claras que o que se pretende subliñar é, xustamente, esta capacidade da emigración galega para autoorganizarse nos seus lugares de destino.
Título Nós mesmos
Asociacionismo galego na emigración = Asociacionismo gallego en la emigración
Presentación Pilar Cagiao
Vicente Peña
Manuel Luis Rodríguez González
Ramón Villares
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2008
Edición 1ª edición
Descrición física 74 p. : il. cor e n., fot., mapas ; 30 cm.
Notas Texto en galego e castelán
ISBN 978-84-96530-60-7
Depósito Legal C 2063-2008
CCG. Signatura AEEG-AL-nos
Url externa pdf
Url externa pdf en liña
Materias
Áreas
Código QR