Desde o ano 1984, por acordo do Parlamento de Galicia, existe unha Lei de símbolos que fixa os tres elementos que mellor representan sensorialmente a identidade de Galicia. Son o himno, a bandeira e o escudo.
Aproveitando que neste ano 2007 se conmemora o primeiro centenario da estrea, na cidade da Habana, do himno galego, con letra de Eduardo Pondal e música de Pascual Veiga, estimamos oportuno promover a realización dun libro dedicado a indagar os procesos mediante os que cada un destes tres grandes símbolos foi adoptando a súa versión definitiva, o contexto histórico no que aquela tivo lugar e mesmo as diverxencias e polémicas a que puidesen ter dado lugar. Non se trata dunha revisión, senón xustamente do contrario: da máis sólida afirmación do seu sentido e da súa dimensión tanto simbólica como política.
Máis que comprender os símbolos, o que aspiramos é a poñer de relevo as razóns que moveron os nosos devanceiros a elaboralos, no momento histórico no que o fixeron e coa intención explícita de dotar Galicia de elementos representativos da súa identidade.
Título símbolos de Galicia, Os
Edición Xosé Ramón Barreiro Fernández
Ramón Villares
Autoría Xosé Luís Axeitos
Xosé Ramón Barreiro Fernández
Manuel Ferreiro
Fernando López-Acuña
Eduardo Pardo de Guevara y Valdés
Ramón Villares
Introdución Xosé Ramón Barreiro Fernández
Ramón Villares
Publicación Santiago de Compostela; A Coruña: Consello da Cultura Galega; Real Academia Galega, 2007
Edición 1ª edición
Descrición física 199 p. : il., cor ; 34 cm.
Notas Existe unha reimpresión de 2008: 1ª edición, 1ª reimpresión
ISBN 978-84-96530-46-1
Depósito Legal C 4146-2007
CCG. Signatura CCG 2007 319
Url externa pdf en liña
Materias
Áreas
Código QR