Idiomas: Español / English
Pazo de Raxoi, 2º andar
15705 Santiago - A Coruña
Tel.: +34 981957202
Directorio de contactos
epistolarios
Epistolarios > Sobre o proxecto

Créditos e información sobre o proxecto

CRÉDITOS

Director
Ramón Villares

Coordinador:
Marcelino Fernández Santiago

Comité Consultivo:
Fernando Devoto
Xosé Manuel Núñez Seixas
Claudio Rodríguez Fer
Dolores Vilavedra

Equipo técnico
Contidos: Emilia García López
Revisión lingüística: Begoña Tajes
Edición web: Manuel Gago
Bases de datos: Kike Benlloch

 

O PROXECTO

Entre os labores de recuperación e preservación dos fondos documentais realizada polo Consello da Cultura figura a dixitalización de diferentes fontes de persoalidades da cultura galega conservados en diferentes centros documentais ou en arquivos particulares.
 
Entre o material recuperado nas diferentes coleccións destacan as correspondencias e epistolarios persoais dos autores. Nese sentido os epistolarios son unha das partes máis importantes do fondo documental da Colección Arquivos Particulares, constituído por máis de 25.000 documentos (cartas, postais, tarxetas de visita, manifestos, apuntes...) orixinais ou copias.

Os epistolarios constitúen un material documental de singular interese científico en todos os eidos da información: desde un acceso a un mellor coñecemento de remitentes e de destinatarios e a apertura de perspectivas de coñecemento sobre a época da escritura e os seus contextos, á posibilidade de comprobar datos e circunstancias, ao tempo que contribúe a un mellor coñecemento das relacións cos seus contemporáneos, aporta moitos detalles da súa vida e da súa obra e axuda a interpretar a situación política, social e literaria da súa época.

A edición dixital dos fondos epistolares pretenden facilitar a tarefa dos numerosos investigadores que, con frecuencia, consultan este fondo documental, así como facilitar a organización deste fondos, poñer en relación documentación conservada en diferentes centros e o aceso á documentación por diferentes criterios de busca: onomásticos, cronolóxicos, temáticos, xeográficos,..

Proceso de elaboración do “Proxecto Epistolas

  • Fase de dixitalización e identificación, os documentos son identificados e  escaneados en dous formatos: un de alta calidade para  conservación (TIFF de 300 pp) e outro de baixa resolución, para a difusión e publicación en paxina WEB (JPG de 75 pp).
  • Fase de transcrición do documento. As cartas para facilitar as busquedas textuais son transcritas nun programa de tratamento de textos.
  • Introdución na base de datos. Cada carta incorporase a unha táboa de datos que ten os seguintes campos:
  • Remitentes, destinatarios e persoas mencionadas/os nas cartas. Recóllense os nomes propios e os artísticos ou alcumes, así como datas e lugares de nacemento e pasamento e mais unha breve recensión biográfica de cada persoa.
  • Data da carta, os encabezados, sinaturas e outras marcas que poden aparecer no texto, así como as indicacións relativas a manuscrito ou mecanografado e notas similares.
  • Lugares dos que parten ou aos que chegan as misivas, que adoitan ter un nivel de detalle a escala local (cidade, vila, etc), mais que tamén poden estar detallados até o enderezo concreto ou polo contrario ser un pouco máis inconcretos e levarnos a escala rexional ou a un tránsito (tipicamente, un medio de transporte marítimo ou terrestre)
  •  Etiquetas referente ás materias sobre as que trata cada documento, con descritores temáticos referenciados nas cartas (entidades, iniciativas, publicacións, eventos, etc.), que se completa cunha pequena descrición coa información relativa, sexa unha biografía, obra de arte, etc...
  • Descritores relativos ao lugar de conservación da carta orixinal e á propiedade caso de ser preciso, onde se poden incluir os dereitos de autor, reprodución e conexos, unha ficha catalográfica, imaxe da carta orixinal.
  • Mediante a introdución destes campos, na consultas posteriores os/as investigadores poderán realizar multiples busquedas simples ou complexas: por autor ou correspondente, por obras do autor, por cronoloxía, etc., así como por campo libre.
PROXIMAMENTE
Outros epistolarios irán sendo divulgados nos vindeiros anos, como os de Valentín Paz-Andrade, Lois Tobío, Silvio Santiago, Manuel Puente….
COLABORA CON NÓS
Se posúes ou coñeces a existencia de fondos epistolares ou consideras que nos epistolarios xa publicados neste site hai erros ou ausencias, agradecemos a túa achega, que podes facer mediante o envío dun correo a este enderezo: epistolarios@consellodacultura.org

Moitas grazas

IDENTIDADE | PERFIL DO CONTRATANTE | LEI DE TRANSPARENCIA | AVISO LEGAL

CONSELLO DA CULTURA GALEGA

. Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela - A Coruña
Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 981957205
Correo electrónico: epistolarios @consellodacultura.org