Felipe Criado Boado

----

Felipe Criado Boado


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Felipe Criado Boado


Profesor de investigación do CSIC e director do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC


Nado en 1960. Visiting scholard na Universidade de Cambridge durante 1986. Profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela desde 1991 a 2000. Profesor de investigación do CSIC desde 2001. Impartiu cursos en diferentes universidades españolas e estranxeiras. Foi coordinador da Área de Humanidades e Ciencias Sociais do CSIC de 2003 a 2008. De xaneiro de 2009 a decembro de 2014 foi xestor da Área de Ciencia e Sociedade de CYTED. No ano 2010 foi nomeado director do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit), un novo centro de investigación do CSIC con sede en Santiago de Compostela. En setembro de 2015 foi elixido presidente da European Association of Archaeologists (EAA).


É autor dunha ducia de libros e monografías científicas, de máis de 120 artigos de investigación en revistas españolas e internacionais e de preto de 45 artigos de divulgación e ensaio. Dirixiu 14 teses de doutoramento, 24 memorias de licenciatura e 31 teses de mestría. As súas liñas de investigación son: arqueoloxía da paisaxe, orixe e desenvolvemento da monumentalidade, teoría arqueolóxica, arqueoloxía e sociedade e ciencia pública. Realizou proxectos de investigación e traballos de campo en Galicia, España, Portugal, Reino Unido, Chile, Arxentina e Uruguai. Membro dos comités editoriais do Journal of Social Archaeology, Chungara, European Journal of Archaeology e Trabajos de Prehistoria, entre outros. Copresidente do comité científico do Programa Convivencia, un proxecto conxunto do CSIC e da Sociedade Max Planck, e membro do comité científico da JPI on Cultural Heritage and Global Change. 


Máis información: http://www.incipit.csic.es


http://csic.academia.edu/FelipeCriadoBoado