Olga Castro

----

Olga Castro


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Olga Castro


Profesora de Estudos de Tradución na Universidade de Aston, en Birmingham (Gran Bretaña). En setembro de 2019 deixará Aston para ser profesora no Departamento de Estudos de Tradución e Estudos Hispánicos na Universidade de Warwick, tamén en Gran Bretaña. As súas principais liñas de investigación son os estudos feministas de tradución e a tradución como ferramenta empoderadora das culturas minorizadas e sen estado no contexto ibérico. En formato libro publicou Feminismos (Xerais, 2013; en coautoría con Reimóndez) e coeditou Trama e urda: contribucións multidisciplinares desde os estudos galegos (Consello da Cultura Galega, 2015; con Liñeira), Feminist Translation Studies: Local and Transnational Perspectives (Routledge, 2017; con Ergun) e Self-translation and Power: Negotiating Identities within Multilingual Europe (Palgrave, 2017 con Mainer e Page). É investigadora principal do proxecto ‘Stateless Cultures in Translation: The Case of Basque, Catalan and Galician literatures in the UK’ (2018-2020), financiado pola British Academy/Leverhulme Trust. 


 

Artigos

CASTRO, O. (2008) Rebatendo o que outros din da linguaxe non sexista. Festa da palabra silenciada. (24), 39-49.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións:
CASTRO, O. PUñAL, B. ÁLVAREZ POUSA, L. CUEVAS, I. (2011) A prostitución como escaparate mediático. Festa da palabra silenciada. (27), 98-106.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións: