Francisco Castro Veloso

----

Francisco Castro Veloso

1966 Vigo
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Francisco Castro Veloso

1966- Vigo

Escritor, editor e xestor cultural. É director xeral da Editorial Galaxia desde o ano 2016 na que antes foi coordinador de Novos Proxectos e editor de Literatura Infantil e Xuvenil. Desde o ano 2003, imparte obradoiros literarios para todos os chanzos de idade. Dentro da súa produción literaria podemos destacar, entre outros Play-Back (Premio Lueiro Rey de Novela Curta, 1997), os libros de relatos A canción do náufrago (2001), Xeografías (finalista do Premio de Narrativa Erótica Positivas, 2001) e a novela histórica Memorial do infortunio (2003), traducida ao castelán, Xeración perdida (2004), premio “Cartafol de Vieiros ao mellor libro do ano” e os libros para mozos Un bosque cheo de faias (2004) e O ceo dos afogados (2007), distinguidos ambos os dous co premio Frei Martín Sarmiento que conceden escolares de toda Galicia. No ano 1999, foi Premio de Xornalismo "Manuel Reimóndez Portela", en 2002 obtivo "O Facho" de poesía pola obra Matar a Walt Whitman moitas veces e, en 2005, o Premio Rosa Reboredo de Narrativa da Asociación Cultural Galega de Cornellá, polo relato "Venres Desesperado (look casual friday)" e o Premio Modesto R. Figueiredo de narracións breves polo traballo "Ningún fascista morreu inxustamente". Premio Blanco Amor de Novela (2005) pola novela Spam (traducida ao italiano e ao castelán), coordinador dos Diálogos Literarios de Mariñán en 2006 e Premio de Novela Manuel García Barros 2007 pola novela As palabras da néboa. Abriu en Internet un dos primeiros blogs de autor dedicados ao debate literario e á información cultural (http://franciscocastro.blogaliza.org). Ten publicados 21 libros, entre os que destacan a novela para pequechos Chamádeme Simbad (2009), que entrou na Lista de Honra do IBBY 2012 e recibiu o premio como Mellor Libro Infantil na web Fervenzas Literarias outorgado polos lectores/as (traducida ao castelán, catalán e portugués de Brasil) así como o Frei Martín Sarmiento de 2011, e, para un público máis xuvenil, O segredo de Marco Polo (2010), traducida tamén ao catalán. Foi presidente de Gálix entre 2010 e 2014. No ano 2011 publica unha nova novela para adultos titulada In Vino Veritas, e, en 2012, asina, con Fina Casalderrey, o libro de relatos O neno can (seleccionado na Lista do Centro IBBY de Documentación para Nenos con Dificultades Especiais de Oslo, premio Frei Martín Sarmiento 2014), tamén traducida ao castelán e, en breve, ao catalán e tamén Premio Frei Martín Sarmiento e incluído na Lista de Honra CLIJ 2014. En 2013, a súa novela "O corazón da Branca de Neve" gañou o Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia (traducido ao catalán en 2015). Recentemente publicou, en 2014, a novela xuvenil "Tes ata as 10".


Como autor foi galardoado con importantes distincións no mundo da literatura galega, como o Premio Lueiro Rey (1997), o Premio Modesto Figueiredo de narracións breves (2005), o Premio Blanco Amor (2006), o Premio Manuel García Barros (2007), o Premio Frei Martín Sarmiento (en cinco ocasións) e o Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia (2013). Ademais, foi nomeado en 2012 na lista de honra da Organización Internacional para o Libro Xuvenil (IBBY) por Chamádeme Simbad, un dos long-sellers máis vendidos da historia da literatura galega. A súa obra está traducida a varias linguas, como o castelán, catalán, éuscaro, italiano ou portugués de Brasil. O ano vindeiro verá tamén publicada a súa obra en inglés.
En 2018 entrou a formar parte do Consello da Cultura Galega na Sección de Pensamento.

Publicacións nas que participou Francisco Castro Veloso

Portada de  Mil e un Cunqueiros. Novas olladas para un centenario
LIBRO. ACTAS

Mil e un Cunqueiros. Novas olladas para un centenario

Do 28 de setembro ao 1 de outubro de 2011

Artigos

CASTRO VELOSO, F. (2002) Un relato á maneira clásica. Festa da palabra silenciada. (17), 100-101.
Ver narrativa Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións: