Biografía de Carlos Casares
1941- Ourense | 2002 Vilariño, NigránNado en Ourense en 1941 e finado na Ramallosa, Nigrán, en 2002. Escritor e crítico literario, foi unha das personalidades máis importantes da cultura galega das últimas catro décadas do século XX. É autor de obras tan significativas como as novelas Ilustrísima e Os mortos daquel verán e os libros de relatos Vento ferido e Os escuros soños de Clío. Director da Editorial Galaxia e a revista Grial.
Carlos Casares Mouriño naceu en 1941 en Ourense, aínda que pasou boa parte da súa nenez na comarca da Limia. Estudou Filosofía e Letras en Santiago, onde contactou cos círculos galeguistas nucleados en torno a Ramón Piñeiro, con quen establecería unha intensa relación de amizade.
Casares casou en 1971 con Kristina Berg, o que facilitou o seu coñecemento directo de Suecia, o país orixinario da súa dona e que sería decisivo no seu achegamento ás ideas socialdemócratas.
Foi profesor de ensino medio, tarefa que compatibilizou, coa dirección de Editorial Galaxia (1986). Foi deputado no primeiro Parlamento de Galicia nas listas do PSdeG-PSOE. Foi tamén membro da Real Academia Galega, cofundador e primeiro presidente do PEN Clube de Galicia, director da revista Grial e presidente de honra de ACNUR en Galicia, entre outros moitos desempeños.
En 1967 publicou o seu primeiro libro de relatos, Vento ferido, e en 1969 a súa primeira novela, Cambio en tres (1969). De 1975 é Xoguetes para un tempo prohibido (1975). En 1979 volve á narrativa breve con Os escuros soños de Clío, libro ao que seguirán as novelas Ilustrísima (1980) e Os mortos daquel verán (1987), ambientada nos inicios da Guerra Civil. En 1996 apareceu Deus sentado nun sillón azul e xa no ano 2002, ás poucas semanas da súa morte, O sol do verán (2002).
Casares publicou tamén libros destinados ao público infantil. A súa bibliografía complétase cos ensaios reunidos en Un país de palabras e coas biografías dedicadas a Curros Enríquez, Risco, Otero Pedrayo, Ánxel Fole e Ramón Piñeiro. Mención especial merecen os milleiros de de artigos que escribiu, a maior parte deles publicados en La Voz de Galicia.
Sucedeu no 1996 a Filgueira Valverde na presidencia do Consello da Cultura Galega, cargo para o que foi reelixido no ano 2000 Nos seus mandatos forneceu ao CCG dun notable e modernizador dinamismo A principal preocupación da súa presidencia foi a incorporación ao Consello de sectores culturais ata entón escasamente representados, así como o impulso á renovación tecnolóxica da institución.
por Damián Villalaín
Publicacións nas que participou Carlos Casares
LIBRO. ACTAS
Actas do I Congreso Internacional “Curros Enríquez e o Seu Tempo”
(Celebrado en Celanova, 13 al 15 de setembro de 2001). Tomo I
LIBRO. ACTAS
Actas do I Congreso Internacional “Curros Enríquez e o Seu Tempo”
(Celebrado en Celanova, 13 al 15 de setembro de 2001 ). Tomo I
LIBRO-AUDIO
Carlos Casares
A semente aquecida da palabra
LIBRO. ACTAS
Actas dos III Encontros para a Normalización Lingüística
28 e 29 de outubro de 1999
LIBRO. ACTAS
Actas dos II Encontros para a Normalización Lingüística
(28, 29, 30 de outubro de 1998)
LIBRO-AUDIO
A paisaxe galega, as súas leis e tipos
Federación de Sociedades Galegas, Bos Aires, 26 de xullo de 1947
LIBRO. CATáLOGO
A imaxe e o labirinto
10 artistas cubanos dos ‘90
LIBRO-AUDIO
Homenaxe a Ánxel Fole
Día das Letras Galegas 1997Carlos Casares nas actividades do CCG
Publicacións periódicas
Aviso Listado automático de documentación relacionada con nos fondos documentais en liña ofrecidos polo Consello da Cultura Galega.
Vieiros (1959-1968) .
Revista do Padroado da Cultura Galega de México
Correo de Galicia (1965-) .
El periódico para los 600.000 hogares gallegos del Río de la Plata
Rego (1974-) .
Documentos pró galeguismo
Aturuxo (1974-) .
Micro Pechado, A (2000-) .
Artigos
FREIXANES, V. (12/1976) O ano na cultura. Teima. (3), 30.
Ver nota breve
MARIñO, X. (1/1977) O remuiño. Teima. (5), 31.
Ver bibliografía
(2/1977) Paisanos : Casares, escritor. Teima. (8), 28.
Ver nota breve
LóPEZ, S. (2/1977) [Caricatura de Carlos Casares]. Teima. (8), 28.
Ver humor gráfico
L.O.. (2/1977) Escolma Teima. Teima. (9), 33.
Ver recensión
(3/1977) Primavera política. Teima. (16), 6.
Ver artigo
FREIXANES, V. (4/1977) Méndez Ferrín e Silvio Santiago : Os premios da crítica. Teima. (19), 30-31.
Ver artigo
(4/1977) Escolma Teima. Teima. (20), 33.
Ver recensión
(5/1977) Galegos en Bilbao. Teima. (21), 6.
Ver nota breve
(5/1977) Unha homenaxe a Castelao : ¿Repatria-las cinzas dende Buenos Aires?. Teima. (22), 27.
Ver nota breve
RIVAS, M. (5/1977) Poñerlle pés á lingua escrita. Teima. (22), 41-43.
Ver artigo
(6/1977) Homenaxe a Castelao : Repatriación das cinzas, a suxerencia máis repetida. Teima. (25), 27.
Ver nota breve
FREIXANES, V. (6/1977) Así foi o día 17 : Pola normalización da lingua. Teima. (25), 30-31.
Ver artigo
(6/1977) Pobo a pobo. Teima. (25), 33.
Ver artigo
(6/1977) Homenaxe a Castelao : Nomes destacados prá comisión organizadora. Teima. (26), 39.
Ver nota breve
(6/1977) Homenaxe a Castelao : Nomes prá comisión. Teima. (27), 25.
Ver nota breve
(6/1977) Homenaxe a Castelao : Nomes prá comisión. Teima. (28), 27.
Ver nota breve
(6/1977) Homenaxe a Castelao : A derradeira semana. Teima. (29), 25.
Ver nota breve
(7/1977) Homenaxe a Castelao : Celso Emilio, Beiras, Piñeiro, Ferrín e Alonso na Comisión Organizadora. Teima. (30), 12.
Ver nota breve
MARTíNEZ, R. (7/1977) Ramón Akal, editor do PCG : Un background pros lectores. Teima. (32), 32.
Ver entrevista
CATOIRA, M. (8/1977) Narrativa : A teoría corpuscular. Teima. (35), 31.
Ver recensión