Ricardo Carballo Calero

----

Ricardo Carballo Calero

1910 Ferrol | 1990 Santiago de Compostela
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Ricardo Carballo Calero

1910- Ferrol | 1990 Santiago de Compostela
Historiador da literatura galega, profesor, crítico literario, lingüista e escritor. Antes da guerra civil foi membro do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista, e en 1972 converteuse no primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas da Universidade de Santiago de Compostela.

En 1926 trasladouse a Compostela, onde iniciou os estudos de Dereito, licenciándose cinco anos máis tarde. Ao rematar a carreira, en 1931, opositou para ser profesor auxiliar de Dereito penal e procesual, mais non acadou a praza. Dous anos despois aprobou as oposicións a funcionario municipal no concello de Ferrol, e tamén en 1933 casou con María Ignacia Ramos, licenciada en Historia e compañeira de estudos universitarios.

En 1927 ingresou no Seminario de Estudos Galegos onde acabou formando parte das seccións de Historia da Literatura e de Ciencias Sociais, Xurídicas e Económicas. Tamén participou no activismo estudantil da man da Federación Universitaria Escolar, e participou na creación do Partido Galeguista en 1931. Colaborou na redacción dun dos anteproxectos do Estatuto de Autonomía de Galicia canda Lois Tobío, Valentín Paz Andrade, Alexandre Bóveda e Vicente Risco. Ocupou o cargo de presidente do partido en Ferrol, e en abril de 1936 foi elixido compromisario pola provincia da Coruña na candidatura da Fronte Popular para a elección do presidente da República.

En 1928 iniciou as colaboracións coa revista Nós, que se prolongarán ao longo de sete anos. Publicou nesta revista un total de vinte e seis textos, que se poden clasificar en catro tipos: once poemas («Deus» no nº 49, «Mañá de outono» no nº 55, poema sen título no nº 61, «Cançón das lavandeiras» no nº 76, anunciado como adianto do seu libro Vieiros, «Santa Cecilia da soidade» no nº 96, «Ó vir a primadeira» no nº 100, «Semellas ser somente» no nº 106, «Naces na primadeira» no nº 115, «Codio» no nº 118, «Ti apareciches» no nº 123, como adianto do poemario O silenzo axionllado, e «Choiva» no nº 137-138); nove recensións de libros (O vento segrel de Augusto Casas no nº 101, Poemas en catro tempos de Blanco Amor no nº 102, Contos do camiño e da rúa de Otero Pedrayo no nº 106, Sonetos escogidos de Antero de Quental no nº 111, Mar Coalhado de Branquinho da Fonseca e Ensayo histórico sobre la cultura gallega de Otero Pedrayo no nº 118, Codeseira de Crecente Vega no nº 122, Poesías de Gil Vicente editadas por Dámaso Alonso no nº 126-127 e Bebedeira de Florencio Delgado Gurriarán no nº 128-129); catro artigos de crítica literaria (sobre o poema «Cossante» de Diego Furtado de Mendoza no nº 101, «Robert Burns e o diaño» no nº 105, «Grorias e perigos da poesía de Bouza Brey» no nº 130 e «Rosalía, Curros e Juan Ramón» no nº 136); e tres artigos sobre literatura e cultura galega (o texto «Ollada encol da poesía lírica galega contemporánea», discurso lido no Ciclo de Cultura Galega organizado polo alumnado da facultade de Filosofía e Letras no comezo do curso 1930-31, no nº 87, «Balance inventario da nosa literatura» no nº 108 e «A xeneración de Risco» no nº 131-132).

Amais de na revista Nós colaborou en publicacións como A Nosa Terra, Guión, Galiza, Resol, Universitarios ou Papel de Color. En 1928 publicou Trinitarias, poemario en lingua castelá. En 1931 Ánxel Casal editoulle Vieiros, o seu primeiro poemario en galego, ao que seguiron La soledad confusa (1932, en castelán) e O silenzo axionllado (1934). En 1935 escribiu a peza de teatro O fillo, que recibiu en 1947 o Premio de teatro Castelao en Bos Aires, se ben non foi publicada ata 1982.

Mentres traballaba en Ferrol estudou por libre na Universidade de Santiago de Compostela a carreira de Filosofía e Letras, rematando en 1936. Opositou para ser profesor de instituto de Lingua e Literatura Española e estaba en Madrid onde o sorprendeu o alzamento nacional. Participou na defensa de Madrid como miliciano (realizara o servizo militar no cuartel do Hórreo en Santiago de Compostela, no corpo de artillaría) no batallón Félix Bárzana da FETE-UGT, sindicato no que militaba. No batallón coincidiu con Raimundo García Domínguez, Borobó. Foi ascendido a tenente despois de formarse en Paterna. Detido na fronte de Andalucía ao remate guerra e condenado en consello de guerra a doce anos de prisión, sería encarcerado no antigo convento de Santa Úrsula de Xaén. O tempo na cadea deixou pegada en varias das súas obras, como a novela Scórpio, as pezas teatrais A sombra de Orfeo e Os xefes, ou o poema «Fugíamos da nossa vida».

Tras ser liberado de forma provisional en 1941 regresou a Ferrol. Ao estar inhabilitado para traballar na función pública, durante varios anos a familia subsistiu grazas ao traballo da súa muller. En 1950 vai vivir a Lugo logo de que Antonio Fernández López o contrate para o colexio Fingoi. Encárgase de coordinar o proxecto pedagóxico, se ben nominalmente non pode ocupar o cargo de director. Polo centro pasaron outros persoeiros como Méndez Ferrín, Arcadio López Casanova ou Bernardino Graña. Amais, alí leváronse a cabo tarefas de investigación en estudos literarios, que deron pé a varias publicacións.

Recuperou o contacto cos galeguistas e seguiu escribindo. Comezou a preparar a súa tese de doutoramento que defenderá en Madrid en 1955 co título «Aportaciones a la literatura gallega contemporánea». Por encargo da editorial Galaxia traballa na súa obra posiblemente máis recoñecida, a Historia da literatura contemporánea, que ve a primeira edición en 1963. En 1958 ingresou como membro numerario na Real Academia Galega co discurso Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía, respondido por Otero Pedrayo. A súa tarefa como lingüista dá pé á publicación en 1966 da Gramática elemental del gallego común (Galaxia), e é o principal redactor das Normas ortográficas e morfolóxicas que a Real Academia Galega publica en 1970.

En 1950 gañou o premio de novela convocado por Bibliófilos Gallegos coa obra Xente da barreira, publicada en 1951. En 1950 publica o poemario Anxo de terra, na colección pontevedresa Benito Soto e en 1952 edita na colección Xistral Poemas pendurados dun cabelo. As tres obras foran escritas en anos anteriores. Como autor quixo ser encadrado dentro da Xeración Nós, pois sentíase moi identificado cos compañeiros do Seminario de Estudos Galegos. Carballo Calero empregou o pseudónimo de Martinho Dumbria en varias recensións para a revista Grial. O nome está tomado do protagonista da novela de Otero Pedrayo Devalar, publicada en 1935 por Nós.

En 1963 recibiu a cancelación de antecedentes penais. Autorizado a exercer o ensino público, en 1965 incorporouuse á Universidade de Santiago de Compostela como profesor de Lingua e Literatura Galegas, contratado por Abelardo Moralejo, decano da facultade de Filosofía e Letras, para a sección de Filoloxía Románica. Ao tempo, entra como profesor de Lingua e Literatura Española no instituto Rosalía de Castro. En 1972 oposita para catedrático de Lingua e Literatura Galegas, e acada a praza.

Tras a chegada da Xunta preautonómica formou parte da comisión que establecía as normas lingüísticas para o uso administrativo. Nela comezou a diverxencia respecto da dita norma e a súa aposta polo reintegracionismo lingüístico. Logo de xubilarse en 1980 revisou e reeditou a súa obra literaria, e publicou novas obras como a novela Scórpio (1987). Nos últimos anos recibiu diversas homenaxes até o seu falecemento o 25 de marzo de 1990.


  • Referencias

    • OBRA

      • Obra en galego

        • Poesía

          • Vieiros (1931)
          • O silenzo axionllado (1934)
          • Anxo de terra (1950)
          • Poemas pendurados dun cabelo (1952)
          • Salterio de Fingoy (1961)
          • Pretérito imperfeito (1927-1961) (colectánea, 1980)
          • Futuro condicional (1961-1980) (colectánea, 1982)
          • Cantigas de amigo e outros poemas (1980-1985) (1986)
          • Reticências... (1986-1989) (1990).



        • Teatro

          • O fillo (1982; escrita en 1935)
          • Isabel (1982; escrita en 1945)
          • A sombra de Orfeo (1971; escrita en 1948)
          • Farsa das zocas (1963; escrita en 1948)
          • A arbre (1965; escrita en 1948)
          • O redondel (1979; escrita en 1951)
          • Auto do prisioneiro (1970; escrita en 1969)
          • Os xefes (1982; escrita en 1980)



        • Novelas

          • A xente da Barreira (1951)
          • Scórpio (1987)



        • Ensaio

          • Sete poetas galegos (1955)
          • Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía (1959)
          • Versos iñorados e ou esquecidos de Eduardo Pondal (1961)
          • Historia da literatura galega contemporánea (1963 completada en 1975)
          • Sobre lingua e literatura galega (1971). Vigo: Galaxia.
          • Rosalía de Castro (1976)
          • Estudos rosalianos: aspectos da vida e da obra de Rosalía de Castro (1979)
          • Problemas da língua galega (1981)
          • Da fala e da escrita (1983)
          • Escritos sobre Castelao (1989)
          • Estudos e ensaios sobre literatura galega (1989)
          • Do Galego e da Galiza (1990)







      • Obra en castelán

        • Poesía

          • Trinitarias (poesías) (1928)
          • La soledad confusa (1932)
          • Poesía perdida (1993)



        • Ensaio

          • Aportaciones a la literatura gallega contemporánea (1955)
          • Gramática elemental del gallego común (1966)
          • Breviario antológico de la literatura gallega contemporánea (1966)







    • BIBLIOGRAFÍA

      • Cajaraville, Héctor (2020): Ricardo Carvalho Calero. A pegada do compromiso. Vigo: Xerais.
      • Dacosta, Henrique (2020): Carvalho Calero. Vida e obra dun ser polifacético. Vigo: Xerais.
      • Fernández Lorenzo, Rafael (2019): Abecedario de Ricardo Carvalho Calero. Cangas: Morgante.
      • García Negro, Pilar (2010): Ricardo Carvalho Calero: a ciencia ao servizo da nación. Santiago de Compostela: Laiovento.
      • Pardo de Neyra, Xulio (2019): Á sombra de María Silgar. Carvalho Calero contra a historia única. Ferrol: Embora.
      • Rabuñal, Henrique (2020): Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra. Vigo: Galaxia.





Publicacións nas que participou Ricardo Carballo Calero

Portada de  Ferrol 1916
PARTITURAS

Ferrol 1916

Impromptu Fantasía para soprano e piano
Portada de  Pr´o catálogo da léngoa galega
LIBRO

Pr´o catálogo da léngoa galega

Homenaxe ó 70 aniversario do Seminario de Estudos Galegos

Materiais de Ricardo Carballo Calero

Texto. Bibliografía

Bibliografía e publicacións relativas a R. C. Calero

Estas son as referencias empregadas por Henrique Rabuñal na elaboración do perfil de Ricardo Carballo Calero
Texto. Bibliografía

Bibliografía de R. C. Calero

Listaxe de produción bibliográfica de Ricardo Carballo Calero compilada por Henrique Rabuñal
Documento

Discurso lido por Constantino García no acto de ingreso na Real Academia Galega o 12 de marzo de 1982

García González, Constantino; Carvalho Calero, Ricardo (2015): Reflexións sobre a lingua. Discurso lido o día 12 de marzo de 1982, no acto da súa recepción polo ilustrísimo señor don Constantino García González e resposta do excelentísimo señor don Ricardo Carvalho Calero. A Coruña: Real Academia Galega.
Documento. Libro

CARVALHO CALERO, Ricardo (1991): «Introducción». En An Anthology of Galician Short Stories, p. 1-8

Volume editado por Kathleen March, e publicado por The Edwin Mellen Press, Ltd.
Documento

Mesa redonda «As relacións Galicia-Portugal»

Este documento recolle a transcrición realizada por Amancio Liñares da mesa redonda celebrada dentro do marco do I Encontro Universitario do Noroeste Peninsular celebrado na Facultade de Xeografía e Historia da USC en 1983. Baixo o título «As relacións Galicia-Portugal, a debate» o artigo impreso publicouse case un ano máis tarde na revista Encrucillada n.º 40 (novembro-decembro de 1984, pp. 59-68).
Documento. Artigo

Centenario de Noriega Varela

Carballo Calero, Ricardo: «Centenario de Noriega Varela», Grial, 25 (1969), 341-346.
Documento. Artigo

Artigo «Algo se lee. Libros de Galicia en 1955»

Artigo escrito por Aquilino Iglesia Alvariño, apareceu a páxina completa o 6 de xaneiro de 1956 en La Noche. Vai ilustrado con oito retratos de autores galegos, a maioría fotografías, outros debuxados ou pintados.
Documento. Recensión

Recensión de R. C. Calero de Codeseira de Crecente Vega

Nesta breve recensión do libro Codeseira Ricardo Carballo Calero fai unha crítica favorable da obra de X. Crecente Vega. O comentario publicouse na páxina 36 do nº 22 da revista Nós, en 1934.

Mesa redonda «As relacións Galicia-Portugal»

R. C. Calero. Conferencia Homenaxe ao galeguismo clásico. Sobre Castelao

R. C. Calero. Conferencia Homenaxe ao galeguismo clásico. Sobre Suárez Picallo

R. C. Calero. Conferencia Homenaxe ao galeguismo clásico. Sobre Alonso Ríos

Publicacións periódicas

Aviso Listado automático de documentación relacionada con nos fondos documentais en liña ofrecidos polo Consello da Cultura Galega.
Lar (1934-) .
Revista mensual de la Asociación Gallega de Beneficencia y Mutualidad
Revista del Hospital Gallego
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;

Artigos

(12/1930) Seminario de Estudios Gallegos. Junta extraordinaria. Galicia [Bs As 1930]. [1ª] (187), 2.
Ver noticia Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Joaquín Arias Sanjurjo ; Fermín Bouza Brey ; Salvador Cabeza de León ; Ricardo Carballo Calero ; Xesús Carro García ; Álvaro de las Casas ; Xosé Filgueira Valverde ; Antonio Fraguas ; Daría González García ; Luís Iglesias Iglesias ; Florentino López Cuevillas ; Ramón Martínez López ; Vicente Risco ; Ramón Otero Pedrayo ; Valentín Paz-Andrade ; Paulino Pedret Casado ; Castelao ; Luís Tobío Campos ; Alfonso Vázquez Martínez ;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (3/1949) Efigie literaria de un escritor: el prosista, el poeta y su vocación. Galicia [Bs As 1926]. (1074), 1.
Mencións: Ricardo Carballo Calero ;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (2/1950) Galicia, ante la figura símbolo de Castelao. Galicia [Bs As 1926]. (444), 19 .
Mencións: Ramón Baltar ; Ricardo Carballo Calero ; Xesús Carro García ; Ben-Cho-Shey ; Manuel Gómez Román ; Antonio Iglesias Vilarelle ; Florentino López Cuevillas ; Carlos Maside ; Ramón Otero Pedrayo ; Castelao ;
CARBALLO CALERO, R. (7/1954) Domingo de Feira. Orzán. 1ª (6), 5.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións:
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (2/1955) Galicia cada treinta días (diciembre, enero). Galicia [Bs As 1926]. (481), 12 .
Mencións: Ricardo Carballo Calero ; Xesús Carro García ; Sebastián González García-Paz ; Isidro Parga Pondal ; Salvador Parga Pondal ; Francisco Tettamancy ;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (12/1955) A fala con Carballo Calero, sobre temas da nosa cultura. Galicia Emigrante. (16), 4 .
Mencións: Ricardo Carballo Calero ;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (2/1956) Galicia cada sesenta días (noviembre, diciembre). Galicia [Bs As 1926]. (487), 8 .
Mencións: Ángel Amor Ruibal ; Ricardo Carballo Calero ; Antonio Couceiro Freijomil ; José María Hernansáez ;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (6/1957) Noticiario Gallego. Galicia [Bs As 1926]. (495), 9 .
Mencións: Ricardo Carballo Calero ; Conde de Quirós ; Ramón Otero Pedrayo ;
(12/1958) Carballo Calero, miembro de la Academia Gallega. Finisterre. 1ª (10), 3.
Ver nota breve Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Ricardo Carballo Calero ;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (6/1959) Noticiario Gallego. Galicia [Bs As 1926]. (507), 22 .
Mencións: Manuel Álvarez Álvarez ; Xosé María Álvarez Blázquez ; Ricardo Carballo Calero ; Fidel Castro ; Carolina Otero "A Bella Otero" ; Isidro Parga Pondal ;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (2/1961) Ricardo Carballo Calero. Crítico. Galicia [Bs As 1926]. (517), 16.
Mencións: Ricardo Carballo Calero ;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (2/1963) Noticiario Gallego. Galicia [Bs As 1926]. (529), 15 .
Mencións: Ricardo Carballo Calero ; Álvaro Cunqueiro ; Rafael Dieste ; Francisco Fernández del Riego ; Celso Emilio Ferreiro ; Vicente Risco ; Sebastián Martínez-Risco y Macías ; Ramón Otero Pedrayo ;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (4/1963) Noticiario Gallego. Galicia cada sesenta días. Galicia [Bs As 1926]. (530), 13 .
Mencións: Ricardo Carballo Calero ; Rosalía de Castro ; Vicente Risco ; Francisco Vázquez Saco ;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (12/1965) Galicia cada sesenta días. Galicia [Bs As 1926]. (546), 35 .
Mencións: Francisco Añón ; Ricardo Carballo Calero ; Manuel Murguía ; Julia Minguillón ;
CARBALLO CALERO, R. PAZ-ANDRADE, V. PIñEIRO, R. ARAúXO IGLESIAS, M. GARCíA PICHER, J. (1/1977) Opinións : Adiante a cooficialidade. Teima. (6), 11.
Ver opinión
Mencións: Xosé Luís Méndez Ferrín ; Antonio Puig Gaite ;
MAGARIñOS, A. (1/1977) Prensa galega (1931-1936) : "Resol" e "Ser". Teima. (6), 30-31.
Ver artigo
Mencións: Xerardo Álvarez Gallego ; Manuel Azaña ; Jesús Bal y Gay ; Eduardo Blanco Amor ; Fermín Bouza Brey ; Ramón Cabanillas ; Ricardo Carballo Calero ; Álvaro de las Casas ; Plácido Castro ; Manuel Colmeiro ; Arturo Cuadrado ; Álvaro Cunqueiro ; José Díaz Jácome ; Rafael Dieste ; Marino Dónega ; Francisco Fernández del Riego ; Bibiano Fernández Osorio-Tafall ; Ánxel Fole ; Johan Carballeira ; Aquilino Iglesia Alvariño ; Manuel Leiras Pulpeiro ; Manuel Lugrís Freire ; Luís Manteiga ; Vicente Risco ; Carlos Maside ; Antonio Noriega Varela ; Ramón Otero Pedrayo ; Valentín Paz-Andrade ; Manuel Antonio ; Emilio Pita ; Rodolfo Prada ; Castelao ; Luís Seoane ; Ramón Suárez Picallo ; Luís Pimentel ; Antón Villar Ponte ; Victoriano Taibo ; Roberto Blanco Torres ; Camilo Díaz Baliño ; Evelio Acevedo ; Lois Peña Novo ; Eliseo Pulpeiro ; Eugenio Montes ; Aureliano José Pereira de la Riva ; Juvenal Ortiz Saralegui ; José Pasín Romero ;
CHACóN CALVAR, R. (2/1977) Sobor da cooficialidade. Teima. (9), 18.
Ver artigo
Mencións: Ricardo Carballo Calero ; Ramón Piñeiro ; Miguel Anxo Araúxo Iglesias ;
(5/1977) Unha homenaxe a Castelao : ¿Repatria-las cinzas dende Buenos Aires?. Teima. (22), 27.
Ver nota breve
Mencións: Xesús Alonso Montero ; Xosé Manuel Beiras ; Eduardo Blanco Amor ; Ricardo Carballo Calero ; Carlos Casares ; Álvaro Cunqueiro ; Manuel María ; Celso Emilio Ferreiro ; Domingo García-Sabell ; Margarita Ledo ; Xosé Luís Méndez Ferrín ; Xosé Neira Vilas ; Uxío Novoneyra ; Laxeiro ; Valentín Paz-Andrade ; Francisco Pillado Rivadulla ; Ramón Piñeiro ; María Xosé Queizán ; Castelao ; Luís Seoane ; Francisco Rodríguez ; Luis Rodriguez ; Alfonso Álvarez Gándara ; Elena Gago ; Anuncio Maroño Noia ; Andrés Martínez Santiago ; Alfonso Armada ; Lorenzo Fernández ;
RIVAS, M. (5/1977) Poñerlle pés á lingua escrita. Teima. (22), 41-43.
Ver artigo
Mencións: Xesús Alonso Montero ; Rosario Álvarez ; Ricardo Carballo Calero ; Carlos Casares ; Manuel Espiña Gamallo ; Francisco Fernández del Riego ; Francisco Fernández Rei ; Xosé Fortes Bouzán ; Salvador García-Bodaño ; Carlos García Martínez ; Bernardino Graña ; Xosé Luís Méndez Ferrín ; Camiño Noia Campos ; Ricardo Palmás ; Ramón Piñeiro ; María do Carme Ríos Panisse ; Guillermo Rojo ; Antón Santamarina ; Andrés Torres Queiruga ; Alfredo Conde ; Ramón Lorenzo Vázquez ; Xulián Maure Rivas ; Manuel González González ; Xosé Mª Lema Suárez ; Henrique Harguindey Banet ; Xesús Rábade Paredes ; Xoán Babarro González ; José Martinho Montero Santalha ; Manuel Baltar ; Valentín Arias ; Xosé Chao Rego ; Jose Luis Couceiro ; Constantino García González ; Paco Martin ; Manuel Vidán Torreira ; Felipe Martínez Marzoa ; Camilo Flores Varela ; José Luis Rodríguez Fernández ; Arturo Reguera ; Ramón Fraga ;
MONTERO SANTALHA, J. (5/1977) Os 80 anos de Rodrigues Lapa. Teima. (24), 30-31.
Ver artigo
Mencións: Eduardo Blanco Amor ; Ramón Cabanillas ; Ricardo Carballo Calero ; Xosé María Díaz Castro ; Rafael Dieste ; Francisco Fernández del Riego ; Ánxel Fole ; Uxío Novoneyra ; Ramón Otero Pedrayo ; Ramón Piñeiro ; Manuel Rodrigues Lapa ; Silvio Santiago ;
(6/1977) Homenaxe a Castelao : Repatriación das cinzas, a suxerencia máis repetida. Teima. (25), 27.
Ver nota breve
Mencións: Xesús Alonso Montero ; Ramón Baltar ; Xosé Manuel Beiras ; Eduardo Blanco Amor ; Ricardo Carballo Calero ; Carlos Casares ; José María Castroviejo ; Camilo José Cela ; Manuel Chamoso Lamas ; Benedicto Conde González “Bene” ; Álvaro Cunqueiro ; Isaac Díaz Pardo ; Marino Dónega ; Gerardo Fernández Albor ; Manuel María ; Celso Emilio Ferreiro ; Xosé Filgueira Valverde ; Ánxel Fole ; Antonio Fraguas ; Salvador García-Bodaño ; Domingo García-Sabell ; Álvaro Gil Varela ; Manuel Iglesias Corral ; Margarita Ledo ; Siro López ; Xosé Luís Méndez Ferrín ; Xosé Neira Vilas ; Uxío Novoneyra ; Laxeiro ; Reimundo Patiño ; Valentín Paz-Andrade ; Xosé Pereira ; Ramón Piñeiro ; María Xosé Queizán ; Castelao ; Luís Seoane ; Agustín Sixto Seco ; Luís Soto Fernández ; Gonzalo Torrente Ballester ; Ramón de Valenzuela ; Benito Varela Jácome ; Joaquina Rodríguez Castelao ; Santiago Álvarez ; Camilo Gonsar ; Xaquín Marín ; Miro Casabella ; O Xestal ; Fernando Martínez Randulfe ; Sebastián Risco ; Bibiano Morón ; Carlos Otero Díaz ; Francisco Pillado ; Francisco Rodríguez ; Alfonso Álvarez Gándara ; Xesús Vega Buxán ; Ramón López Suevos ; Xaime Illa Couto ; Ramón Valcarce ; Elena Gago ; Xosé Muñiz ; Manuel Otero ; Benito Álvarez ; Ramón Viéitez ; Juan José Molina ; Antonio Quesada ; Domingo Fernández del Riego ; Agostinho da Silva ; Manuel Beiró-Buxán ; Ricardo Torres París ;
(6/1977) Homenaxe a Castelao : Nomes destacados prá comisión organizadora. Teima. (26), 39.
Ver nota breve
Mencións: Xesús Alonso Montero ; Ramón Baltar ; Xosé Manuel Beiras ; Eduardo Blanco Amor ; Ricardo Carballo Calero ; Carlos Casares ; José María Castroviejo ; Camilo José Cela ; Manuel Chamoso Lamas ; Benedicto Conde González “Bene” ; Álvaro Cunqueiro ; Isaac Díaz Pardo ; Marino Dónega ; Gerardo Fernández Albor ; Francisco Fernández del Riego ; Manuel María ; Celso Emilio Ferreiro ; Xosé Filgueira Valverde ; Ánxel Fole ; Antonio Fraguas ; Salvador García-Bodaño ; Domingo García-Sabell ; Manuel Iglesias Corral ; Margarita Ledo ; Siro López ; Xosé Luís Méndez Ferrín ; Xosé Neira Vilas ; Uxío Novoneyra ; Laxeiro ; Reimundo Patiño ; Valentín Paz-Andrade ; Manuel Peña Rey ; Ramón Piñeiro ; María Xosé Queizán ; Castelao ; Luís Seoane ; Agustín Sixto Seco ; Gonzalo Torrente Ballester ; Ramón de Valenzuela ; Benito Varela Jácome ; Joaquina Rodríguez Castelao ; Santiago Álvarez ; Baldomero Cores Trasmonte ; Camilo Gonsar ; Xaquín Marín ; Rafael Bárez Vázquez ; Pedro Arias ; Valentín Arias ; Miro Casabella ; O Xestal ; Ramón López-Suevos ; Fernando Martínez Randulfe ; Sebastián Risco ; Bibiano Morón ; Carlos Otero Díaz ; Francisco Pillado ; Xaime Quesada ; Francisco Rodríguez ; Carmen Santos Castroviejo ; Alfonso Álvarez Gándara ; Xesús Vega Buxán ; Xaime Illa Couto ; Ramón Valcarce ; Elena Gago ; Antonio Quesada ; Domingo Fernández del Riego ; Agostinho da Silva ; Manuel Beiró-Buxán ; Ricardo Torres París ; Luis Soto ; Álvaro Xil ;
(6/1977) Homenaxe a Castelao : Nomes prá comisión. Teima. (27), 25.
Ver nota breve
Mencións: Xesús Alonso Montero ; Xosé María Álvarez Blázquez ; Ramón Baltar ; Xosé Manuel Beiras ; Eduardo Blanco Amor ; Ricardo Carballo Calero ; Carlos Casares ; José María Castroviejo ; Camilo José Cela ; Manuel Chamoso Lamas ; Benedicto Conde González “Bene” ; Xavier Costa Clavell ; Álvaro Cunqueiro ; Isaac Díaz Pardo ; Marino Dónega ; Gerardo Fernández Albor ; Francisco Fernández del Riego ; Manuel María ; Celso Emilio Ferreiro ; Xosé Filgueira Valverde ; Ánxel Fole ; Antonio Fraguas ; Salvador García-Bodaño ; Domingo García-Sabell ; Manuel Iglesias Corral ; Margarita Ledo ; Siro López ; Xosé Luís Méndez Ferrín ; Xosé Neira Vilas ; Uxío Novoneyra ; Laxeiro ; Reimundo Patiño ; Valentín Paz-Andrade ; Manuel Peña Rey ; Ramón Piñeiro ; María Xosé Queizán ; Castelao ; Luís Seoane ; Agustín Sixto Seco ; Gonzalo Torrente Ballester ; Ramón de Valenzuela ; Benito Varela Jácome ; Joaquina Rodríguez Castelao ; Santiago Álvarez ; Baldomero Cores Trasmonte ; Camilo Gonsar ; Xaquín Marín ; Rafael Bárez Vázquez ; Pedro Arias ; Valentín Arias ; Miro Casabella ; O Xestal ; Ramón López-Suevos ; Fernando Martínez Randulfe ; Sebastián Risco ; Bibiano Morón ; Carlos Otero Díaz ; Francisco Pillado ; Xaime Quesada ; Francisco Rodríguez ; Carmen Santos Castroviejo ; Alfonso Álvarez Gándara ; Xerardo Moscoso ; Xesús Vega Buxán ; Xaime Illa Couto ; Ramón Valcarce ; Elena Gago ; Antonio Quesada ; Domingo Fernández del Riego ; Agostinho da Silva ; Manuel Beiró-Buxán ; Ricardo Torres París ; Luis Soto ; Álvaro Xil ;
(6/1977) Homenaxe a Castelao : Nomes prá comisión. Teima. (28), 27.
Ver nota breve
Mencións: Xesús Alonso Montero ; Xosé Manuel Beiras ; Eduardo Blanco Amor ; Ricardo Carballo Calero ; Carlos Casares ; José María Castroviejo ; Camilo José Cela ; Álvaro Cunqueiro ; Isaac Díaz Pardo ; Manuel María ; Celso Emilio Ferreiro ; Xosé Filgueira Valverde ; Salvador García-Bodaño ; Domingo García-Sabell ; Margarita Ledo ; Siro López ; Xosé Luís Méndez Ferrín ; Xosé Neira Vilas ; Uxío Novoneyra ; Laxeiro ; Valentín Paz-Andrade ; Manuel Peña Rey ; Ramón Piñeiro ; María Xosé Queizán ; Castelao ; Luís Seoane ; Agustín Sixto Seco ; Ramón de Valenzuela ; Carlos Velo ; Elvira Souto ; Joaquina Rodríguez Castelao ; Santiago Álvarez ; Baldomero Cores Trasmonte ; José Martinho Montero Santalha ; Antón Tovar ; Xaquín Marín ; Pedro Arias ; Ramón López-Suevos ; Sebastián Risco ; Bibiano Morón ; Carlos Otero Díaz ; Francisco Pillado ; Arturo Reguera Lopez ; Francisco Rodríguez ; Jose Vilas Nogueira ; Carmen Santos Castroviejo ; Alfonso Álvarez Gándara ; Xesús Vega Buxán ; Xaime Illa Couto ; Ramón Valcarce ; Elena Gago ; Antonio Quesada ; Ricardo Torres París ; Luis Soto ; Álvaro Xil ; Jesús Docampo Mosquera ; Inmaculada Tesouro ;
(6/1977) Homenaxe a Castelao : A derradeira semana. Teima. (29), 25.
Ver nota breve
Mencións: Xesús Alonso Montero ; Xosé Manuel Beiras ; Eduardo Blanco Amor ; Ricardo Carballo Calero ; Carlos Casares ; José María Castroviejo ; Camilo José Cela ; Álvaro Cunqueiro ; Isaac Díaz Pardo ; Marino Dónega ; Manuel María ; Celso Emilio Ferreiro ; Domingo García-Sabell ; Margarita Ledo ; Siro López ; Xosé Luís Méndez Ferrín ; Xosé Neira Vilas ; Uxío Novoneyra ; Laxeiro ; Valentín Paz-Andrade ; Manuel Peña Rey ; Ramón Piñeiro ; María Xosé Queizán ; Castelao ; Luís Seoane ; Agustín Sixto Seco ; Ramón de Valenzuela ; Carlos Velo ; Elvira Souto ; Santiago Álvarez ; José Martinho Montero Santalha ; Antón Tovar ; Xaquín Marín ; Xosé María Pérez Parallé ; José-María Monterroso Devesa ; Ramón López-Suevos ; Sebastián Risco ; Bibiano Morón ; Francisco Pillado ; Xaime Quesada ; Francisco Rodríguez ; Jose Vilas Nogueira ; Carmen Santos Castroviejo ; Xesús Vega Buxán ; Xaime Illa Couto ; Ramón Valcarce ; Elena Gago ; Antonio Quesada ; Luis Soto ; Jesús Docampo Mosquera ;
(7/1977) Homenaxe a Castelao : Celso Emilio, Beiras, Piñeiro, Ferrín e Alonso na Comisión Organizadora. Teima. (30), 12.
Ver nota breve
Mencións: Xesús Alonso Montero ; Xosé Manuel Beiras ; Eduardo Blanco Amor ; Ricardo Carballo Calero ; Carlos Casares ; Camilo José Cela ; Álvaro Cunqueiro ; Marino Dónega ; Francisco Fernández del Riego ; Manuel María ; Celso Emilio Ferreiro ; Domingo García-Sabell ; Manuel Iglesias Corral ; Margarita Ledo ; Siro López ; Xosé Luís Méndez Ferrín ; Xosé Neira Vilas ; Uxío Novoneyra ; Laxeiro ; Ramón Piñeiro ; María Xosé Queizán ; Castelao ; Luís Seoane ; Benito Varela Jácome ; Elvira Souto ; Joaquina Rodríguez Castelao ; Santiago Álvarez ; Xaquín Marín ; Xosé María Pérez Parallé ; Miro Casabella ; Sebastián Risco ; Francisco Pillado ; Francisco Rodríguez ; Carmen Santos Castroviejo ; Xesús Vega Buxán ; Xaime Illa Couto ; Ramón Valcarce ; Luis Soto ;
MARIñO, X. (7/1977) O remuíño. Teima. (31), 32.
Ver recensión
Mencións: Rosario Álvarez ; Ricardo Carballo Calero ; Francisco Fernández Rei ; Francisco Franco ; Castelao ; Juan J. Moralejo Álvarez ; Bibiano Morón ; Emilio Cao ; Xerardo Moscoso ; Armando Guerra ; Luis Soto ; Benedicto García ;
BARREIRO FERNáNDEZ, X. (7/1977) O galeguismo histórico (1840-1936). Teima. (32), 37-39.
Ver reportaxe
Mencións: Joaquín Arias Sanjurjo ; Juan Barcia Caballero ; Alexandre Bóveda ; Alfredo Brañas ; Ramón Cabanillas ; Salvador Cabeza de León ; Ricardo Carballo Calero ; Carlos VII de Francia ; Xosé Filgueira Valverde ; Antonio López Ferreiro ; Ramón Máiz Suárez ; Vicente Risco ; José Ortega y Gasset ; Ramón Otero Pedrayo ; Valentín Paz-Andrade ; Juan Manuel Paz Nóvoa ; Castelao ; Francisco Romero Blanco ; Antón Villar Ponte ; Xohán Vicente Viqueira ; Carlos Zubillaga ; Alejandrino Fernández Barreiro ; Antón Losada Diéguez ; Marcelo Macías y García ; Alberte Martínez López ; Lois Peña Novo ; Lois Porteiro Garea ; Esteban Quet y Puigvert ; Ramón Pérez Costales ; Manuel Lago González ; Eugenio Montero Ríos ; Alfonso Alfonso Bozzo ; Xan Moreno González ; Ramón Faginas ; Federico Gallardo ; Joaquín Díaz de Rábago ; Juan Vázquez de Mella y Fanjul ; Ramón Bernárdez ; Olimpio Pérez Rodríguez ; Pedro Pais Lapido ; Bernardo Santaló ; Urbano Anido ; Gabino, conde de Bugallal y Araujo ; José Antonio Parga Sanjurjo ; Evaristo Martelo Paumán ;
CATOIRA, M. (8/1977) Narrativa : A teoría corpuscular. Teima. (35), 31.
Ver recensión
Mencións: Xavier Alcalá ; Eduardo Blanco Amor ; Ricardo Carballo Calero ; Carlos Casares ; Álvaro Cunqueiro ; Rafael Dieste ; Celso Emilio Ferreiro ; Ánxel Fole ; Xosé Luís Franco Grande ; Xosé Luís Méndez Ferrín ; Xosé Neira Vilas ; Ramón Otero Pedrayo ; Xohana Torres ; Marcial Valladares ; Ignacio Vázquez Diéguez ; Carlos Durán ; Xoán Ignacio Taibo ; Lois Diéguez ; Paco Martín ;
CARBALLO CALERO, R. GALOCHA, A. (12/1977) Carballo Calero: Do galeguismo e da lingoa. Nosa Terra, A. , 7.
Ver entrevista Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
Mencións:
(12/1977) Real Academia: Novo presidente. Nosa Terra, A. , 8.
Ver nota breve Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
Mencións: Ricardo Carballo Calero ; Xosé Filgueira Valverde ; Domingo García-Sabell ; Sebastián Risco ;
CARBALLO CALERO, R. (4/1978) López Ferreiro, escritor en galego. Nosa Terra, A. (16), 13.
Ver opinión Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
Mencións: Antonio López Ferreiro ;
(10/1978) Instituto Sociopedagóxico Galego: Problemática das linguas sin normalizar. Nosa Terra, A. (35), 6.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
Mencións: Ricardo Carballo Calero ; María Pilar García Negro ; Francisco Rodríguez Sánchez ; Pilar Vázquez Cuesta ;
GARCíA, X. (2/1979) O caro portugués: Resposta á Tribuna nº 41, «Galego e/ou portugués». Nosa Terra, A. (48), 12.
Ver carta Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
Mencións: Ricardo Carballo Calero ; Rosalía de Castro ; Miguel de Cervantes ; Rafael Dieste ; Juan Ramón Jiménez ; Castelao ; Carlos Durán ;