Biografía de Xosé Mª Lema Suárez
1950- Bamiro, VimianzoCatedrático de Xeografia e Historia de educación secundaria e doutor en Historia da Arte. E membro da Asociación de Escritoras e Escritores en lingua Galega (AELG) e da Asociación Galega de Onomástica (AGOn), correspondente da Real Academia Galega (RAG) e presidente do Seminario deEstudos Comarcais da Costa da Morte (SEMESCOM).
Ten publlcacións de temática diversa (historia historia da arte etnografía, lexicografía, onomástica e tamén deportiva) con artigos e libros como Bamiro, un estudo do hábitat rural galego (1977), Premio Pedrón de Ouro de Etnografía 1976; A arte relixiosa na Terra de Soneira (1993), Premío Losada Diéguez de Investigación 1994; Un novo documento de D. Juan Antonio Posse: a « Plática Tercera» (1838) (1998); Arquítectura megalítica na Costa da Morte (1999); Onomástica histórica dunha parroquia galega: Berdoias (1607-2000) (2006), ou Pola nosa lingua. Unha década de artigos en defensa do galego (2009-2019) (2021).
En colaboración con outros autores publicou, entre outras, as seguintes obras: O castelo de Vimianzo e os Moscoso de Altamíra (1998), Os faros da costa da Morte (2001), O hórreo atlántico ou fisterrán (2010), Á Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte (2010), Iconografía xacobea nas igrexas e santuarios da Costa da Morte (2011), Guía dos Penedos de Pasarela e Traba (2012) e Os cruceiros máis sobranceiros da Costa da Morte (2012).
A súa única novela, Costa do Solpor (2013), foi Premio da Crítica Galicia 2014.
Publicacións nas que participou Xosé Mª Lema Suárez
LIBRO. ACTAS
A lingua galega: historia e actualidade (v. II)
Actas do I Congreso Internacional celebrado do 16 ó 20 de setembro de 1996 en Santiago de Compostela
LIBRO. ACTAS
A lingua galega: historia e actualidade (v. III)
Actas do I Congreso Internacional celebrado do 16 ó 20 de setembro de 1996 en Santiago de Compostela
LIBRO. ACTAS
Tecnoloxía tradicional
Dimensión patrimonial. Valoración antropolóxicaXosé Mª Lema Suárez nas actividades do CCG
Publicacións periódicas
Aviso Listado automático de documentación relacionada con nos fondos documentais en liña ofrecidos polo Consello da Cultura Galega.
Guieiro [1984] (1984-) .
Órgano Oficial de Prensa do Patronato da Cultura Galega: Publicación trimestral interna
Artigos
RIVAS, M. (5/1977) Poñerlle pés á lingua escrita. Teima. (22), 41-43.
Ver artigo
LEMA SUáREZ, X. (5/1977) ¡Ei carballeira...! : Tempo de romerías. Teima. (24), 25.
Ver artigo
LEMA SUáREZ, X. (5/1977) [Tres fotografías de patrimonio cultural galego. 1. Ermita de Monte Torán, 2. Fonte de Castrobuxán, 3. A figura de San Roque no retablo barroco]. Teima. (24), 25.
Ver gráfico