Pilar Cagiao

----

Pilar Cagiao

1959 A Coruña
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Pilar Cagiao

1959- A Coruña
Profesora Titular de Historia de América na Universidade de Santiago de Compostela á que se incorporou como docente en 1986. As súas principais liñas de investigación están vinculadas aos movementos migratorios e ás relacións culturais entre España e América ao redor das cales coordinou, como investigadora principal, proxectos de investigación americanista en convocatorias competitivas nacionais e autonómicas.

Respecto dos movementos migratorios doutorouse na Universidade Complutense de Madrid (1990) coa tese de doutoramento titulada “Participación económico social de la inmigración gallega en Montevideo, 1900-1970”. Nesta universidade madrileña formouse como americanista, merecendo o premio extraordinario de licenciatura. É autora de numerosas publicacións sobre esta temática, de relatorios en congresos nacionais e internacionais e foi comisaria de diversas exposicións sobre a mesma.

No que ten que ver coas relacións culturais entre España e América é autora de diversos artigos e coordinadora de varias monografías en editoriais españolas e latinoamericanas.
Como profesora convidada impartiu cursos de posgrao, doutoramento e mestrado na UDC, UHU, Universidade Portucalense de Porto, París VII e en varias universidades latinoamericanas: PUCRS de Porto Alegre, Universidade da República (Montevideo), UCR (Costa Rica), Universidade de El Salvador, Universidade de Cuenca e PUCE (Ecuador), Universidade Salgado de Oliveira e Universidade do Estado do Río de Janeiro (Brasil). Foi directora do Centro Interdisciplinario de Estudos Americanistas “Gumersindo Busto” da Universidade de Santiago de Compostela e do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, a cuxa comisión técnica pertenceu desde o ano 2000 ao 2020, así como secretaria de redacción da revista Estudios Migratorios. Revista Galega de Análise das Migracións.

Na actualidade é vogal da xunta directiva da Asociación Española de Americanistas.

Publicacións nas que participou Pilar Cagiao

Portada de As  Irmandades da Fala no seu tempo
LIBRO. ACTAS

As Irmandades da Fala no seu tempo

: perspectivas cruzadas
Portada de  Inventio Mundi
LIBRO. CATáLOGO

Inventio Mundi

Galicia nas viaxes transoceánicas. Séculos XV-XVII
Portada de Os adeuses
LIBRO. CATáLOGO

Os adeuses

Fotografías de Alberto Marti
Portada de Os adeuses
LIBRO. CATáLOGO

Os adeuses

Fotografías de Alberto Martí�
Portada de  Nós mesmos
LIBRO. CATáLOGO

Nós mesmos

Asociacionismo galego na emigración = Asociacionismo gallego en la emigración
Portada de O exilio galego: repertorio biobibliográfico: unha primeira achega
LIBRO

O exilio galego: repertorio biobibliográfico: unha primeira achega

Congreso Internacional o Exilio Galego: do 24 ó 29 de setembro de 2001, Santiago de Compostela
Portada de O exilio galego: repertorio biobibliográfico: unha primeira achega
LIBRO

O exilio galego: repertorio biobibliográfico: unha primeira achega

Congreso Internacional o Exilio Galego: do 24 ó 29 de setembro de 2001, Santiago de Compostela
Portada de  Patrimonio cultural galego na emigración
LIBRO. ACTAS

Patrimonio cultural galego na emigración

Actas do I encontro, Santiago de Compostela, 25 e 26 de novembro de 1996

Alalá: Voz de Maruxa Villanueva

Rosalía 1: Maruxa Villanueva recitando a Rosalía

Rosalía 2: Maruxa Villanueva recitando a Rosalía

Biobibliografías para o Álbum de Galicia

Maruxa Villanueva

Barrela, 1906 - Santiago de Compostela, /1998
Cantante, actriz e profundamente namorada de Galicia