Ramón Cabanillas

----

Ramón Cabanillas

1876 Cambados, Pontevedra | 1959 Cambados, Pontevedra
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Ramón Cabanillas

1876- Cambados, Pontevedra | 1959 Cambados, Pontevedra
Ramón Cabanillas Enríquez, coñecido coma o "poeta da raza", é un dos autores máis relevantes da literatura galega da primeira metade do século XX
Naceu no barrio de Fefiñáns o 3 de xuño de 1876. Comezou os estudos eclesiásticos en Santiago de Compostela, no seminario de San Martiño Pinario, onde permaneceu entre 1889 e 1893. Traballou como funcionario no seu concello natal, ao tempo que dirixiu o quincenal El Umia (1907) e o decenal El Cometa (1910), ambos de tendencia anticaciquil.
Entre setembro de 1910 e xuño de 1915 estivo emigrado en Cuba. Alí abrazou a causa do galeguismo, especialmente da man de Basilio Álvarez, con quen se posicionou a favor do agrarismo, e de Xosé Fontenla Leal, un dos promotores da Real Academia Galega, quen o animou a que escribise en lingua galega. En Cuba publicou as súas primeiras obras: xa en 1910 o poema «Lonxe» na revista Suevia, e despois os libros No desterro (1913) e Vento mareiro (1915).
De volta a Galicia, traballou como secretario no concello de Mos, Moaña, Cuntis e Redondela. En 1917 publicou Da terra asoballada, que continúa a poesía social dos seus primeiros volumes, pero xa vai aparecendo Galicia como suxeito colectivo. Implicouse no proxecto das Irmandades da Fala e colaborando de forma habitual no periódico A Nosa Terra. Participa nas tres primeiras Asembleas Nacionalistas de Lugo (1918), Santiago de Compostela (1919) e Vigo (1921). Nesta última é designado xunto con Vicente Risco, Xohán Vicente Viqueira e mais Antón Villar Ponte como encargados dun relatorio para a uniformidade no idioma. Porén, non asiste á Cuarta Asemblea (Monforte, 1922) tras a ruptura das Irmandades e o seu posicionamento a carón do galeguismo máis conservador de Vicente Risco.
Antón Villar Ponte, implicado na posta en valor dun teatro galego moderno, encargoulle dúas obras. O 22 de abril de 1919 o Conservatorio Nacional da Arte Galega estreou na Coruña A man da Santiña, unha comedia amorosa protagonizada por personaxes fidalgos. En 1920 Cabanillas rematou O mariscal, publicado en 1926, baseada na vida de Pedro Pardo de Cela.
O 31 de agosto de 1920 ingresou como membro de número da Real Academia Galega, a proposta de Francisco Tettamancy y Gastón, Florencio Vaamonde Lores e Eladio Rodríguez González. O seu discurso «A saudade nos poetas galegos» foi respondido polo propio Eladio Rodríguez. En 1927 foi elixido, xunto con Armando Cotarelo Valledor, membro da Real Academia Española como representantes das letras galegas. Ingresou en 1929 cun discurso sobre Eduardo Pondal.
Entre 1921 e 1924 viviu en Madrid, onde foi correspondente do periódico ourensán La Zarpa. En 1924 comezou a traballar como administrador no balneario de Mondariz, propiedade de Enrique Peinador, quen custeara varias das publicacións do escritor cambadés. Nesta etapa seguiu escribindo: de 1926 é o poemario Na noite estrelecida, con presenza de elementos do ciclo artúrico, de 1927 é A rosa de cen follas, onde recupera o seu lirismo intimista.
Ramón Cabanillas publicou nove escritos na revista Nós, case todo textos poéticos. No número 8 (decembro de 1921, dedicado por completo a Irlanda) publícase un poema seu ao país irmán, e no número 18 (xullo de 1923) aparece un soneto adicado ao apóstolo Santiago. Nos números 20 (agosto 1925) e 25 (xaneiro de 1926) publica dous longos poemas, «As pombas do perdón» e «A espada Escalibor». No número 42 (xuño de 1927) aparece un texto lido dous meses antes no Seminario de Estudos Galegos: «As romaxes de Nosa Señora da Franqueira», onde conta a súa experiencia como peregrino ofrecido. No número 81 da revista Nós (setembro de 1930) publica un poema, lido no banquete que se celebrara na Barxa o 25 de xullo dese ano. Poemas seus aparecen tamén abrindo os números 88 («Xoquín», abril de 1931), 90 («O relembro do clan», xuño de 1931) e 91 («Romances da frebe», xullo de 1931).
Esa foi a súa derradeira colaboración coa publicación. Foi por entón, pouco despois da chegada da Segunda República Española, cando rompeu co galeguismo. Apoiou, ao igual ca Basilio Álvarez, os diversos gobernos presididos por Alejandro Lerroux.
Cando tivo lugar o alzamento nacional de 1936 estaba en Madrid. Desde alí trasladouse a Valencia, onde retomou o contacto con Castelao, mais en 1937 regresou a Cambados. Xa con sesenta e un anos, cun fillo falanxista e outro republicano, traballou como secretario interino en diversos concellos, como Meis, Silleda, Dozón ou Moaña, e recibiu diversas denuncias polo seu pasado galeguista.
En xaneiro de 1944 estreouse en Cambados o seu poema dramático A ofrenda ás fadas no portal de Belén. Logo duns anos de silencio, retoma o activismo coa publicación de diversas obras, inaugurando respectivamente os catálogos de Bibliófilos Gallegos con Camiños no tempo e de editorial Galaxia coa antoloxía Antífona da Cantiga. En 1954 publicou Da miña zanfona na colección Xistral, e aínda publicaría outros dous libros antes do seu falecemento, o 9 de novembro de 1959. Nese mesmo ano vería a luz en Bos Aires a súa obra completa.

OBRA
Poesía

No desterro (1913)
Vento mareiro (1915)
Da terra asoballada (1917)
O cabaleiro do Sant Grial (1922)
Estoria do bendito San Amaro que foi chamado no mundo o Cabaleiro de Arentéi (1925)
Na noite estrelecida (1926)
A rosa de cen follas (1927)
Camiños no tempo (1949)
Antífona da cantiga (1951)
Da miña zanfona (1954)
Versos de alleas terras e tempos idos (1955)
Samos (1958)

Teatro
A man de Santiña (1921)
O mariscal (1926)

Publicacións nas que participou Ramón Cabanillas

Portada de  Ramón Cabanillas.
LIBRO-AUDIO

Ramón Cabanillas.

Centro Galego de Madrid, 1964

Carta de Castelao a Filgueira Valverde. 1925

Eduardo Blanco-Amor en América (I)

Conferencia de Otero Pedrayo Ramón Cabanillas

Publicacións periódicas

Aviso Listado automático de documentación relacionada con nos fondos documentais en liña ofrecidos polo Consello da Cultura Galega.
Galicia [A Habana] (1902-1930) .
1903-1904: Revista Semanal Ilustrada
Revista Semanal Ilustrada de mayor circulación en la República
1905, n.º 1: Sen subtítulo
1905, n.º 2-1906, n.º 33: Revista Regional de más circulación en la República de Cuba
1906, n.º 34-1907: Órgano de la Colonia Gallega y Sociedades Regionales de Cuba y Defensor de los intereses gallegos en América
1914: Revista Regional Ilustrada: Órgano de la Colonia Gallega y Sociedades Regionales de Cuba
16-08-1925: Revista Semanal Ilustrada: Órgano de la Colonia Gallega y Sociedades Regionales de Cuba
1926: Revista Gráfica Regional de La Habana. Publicación Semanal. Órgano de la Colonia Gallega y Sociedades Regionales de Cuba
Publicación Semanal. Órgano de la Colonia Gallega y Sociedades Regionales de Cuba
1930: Publicación Ilustrada: Órgano de la Colonia Gallega y Sociedades Regionales de Cuba
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Correo de Galicia (1908-1945) .
Órgano de la colectividad gallega en la República Argentina. Es el periódico regional de mayor circulación en Sud América
Órgano de la colectividad gallega en la República Argentina. Es el periódico español de mayor circulación en la Argentina y Uruguay
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Patria Gallega, La (1912-) .
Revista Semanal Ilustrada: Órgano de los Intereses Gallegos en La Isla
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Galicia Gráfica (1913-) .
Publicación Semanal
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Centro, El (1914-1914) .
Publicación impresa | Labor na publicación: DIRECCIóN;
Suevia [1916] (1916-1916) .
Revista Gallega
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Galicia Nueva (1916-) .
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Acción Gallega (1920-1925) .
Publicación Oficial de Casa de Galicia
A partir do n.º 14: Revista Mensual de Casa de Galicia
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Terra Galega (1921-) .
Boletín mensual: Órgao da Xuntanza Nazonalista Galega d'Habana e paladín do honor da Raza Céltiga
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Roladas, As (1922-) .
Folla dos rapaciños galegos
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Acción Gallega (1923-) .
Suplemento de Bahía Blanca: Revista mensual de "Casa de Galicia" - Filial
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Terra (1923-1923) .
Boletín de Cultura Galega: Idearium da I.N.G. n'América do Sul
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Céltiga (1924-1932) .
Revista Gallega de arte, crítica, literatura y actualidades: Publicación quincenal editada por la "Editorial Céltiga"
Revista Gallega de arte, crítica, literatura y actualidades: Publicación quincenal editada por los talleres gráficos Virs
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Unión Estradense (1928-) .
Instrucción-Fomento-Cooperación: Fundada el 8 de mayo de 1916: Adherida a la Federación de Sociedades Gallegas
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Revista Oficial del Centro Gallego de Avellaneda (1931-) .
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Galicia en Madrid (1932-1936) .
Órgano de Lar Gallego: Revista mensual
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Miliciano Gallego, El (1936-1937) .
Órgano del Cuarto Batallón de la Primera Brigada Mixta de Líster
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Nova Galiza (1937-1938) .
Boletín quincenal dos escritores antifeixistas
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Nueva Galicia (1937-1938) .
Portavoz de los Antifascistas Gallegos
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Resol de Galicia en Buenos Aires (1937-1938) .
Hojilla volandera del pueblo
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Saudade (1942-) .
Verba Galega nas Américas
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN; REDACCIóN;
Galiza (1947-) .
Órgano do Bloque Repubricán Nazonal Galego
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Mundo Gallego [1952-53] (1952-1953) .
1ª Época: Revista de Galicia en Madrid
2ª-3ª Época: Órgano Oficial del Centro Gallego de Madrid
4ª Época: Revista del Centro Gallego de Madrid
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Alborada (1952-1956) .
2ª época ata a actualidade: Órgano del Centro Gallego de Barcelona
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Vieiros (1959-1968) .
Revista do Padroado da Cultura Galega de México
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Aturuxo (1960-1961) .
Publicación impresa | Labor na publicación: SINATURA DE ARTIGOS REPRODUCIDOS;
Esmorga (1985-) .
Publicación impresa | Labor na publicación: SINATURA DE ARTIGOS REPRODUCIDOS;

Artigos

CABANILLAS, R. (10/1928) Poetas da Raza. ¡Meu carriño!. Boletín de la Sociedad Cultural y Agraria del Distrito de Mugía. 2ª (05), 25.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións:
(5/1930) Verdadeira realidade. Boletín de la Sociedad Cultural y Agraria del Distrito de Mugía. 2ª (10), 21.
Ver opinión Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Ramón Cabanillas ; Rosalía de Castro ; Manuel Curros Enríquez ; Eduardo Pondal ; Vicente Risco ; Ramón Otero Pedrayo ; Antón Villar Ponte ;
(5/1930) O marxe dunha noticia. Boletín de la Sociedad Cultural y Agraria del Distrito de Mugía. 2ª (10), 22.
Ver opinión Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Ramón Cabanillas ; Ben-Cho-Shey ; Gonzalo López Abente ; Vicente Risco ; Ramón Otero Pedrayo ; Antón Villar Ponte ;
CABANILLAS, R. (11/1932) O oso de Oseira. Arenteiro, O. 1ª (2), 15.
Ver narrativa Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións:
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (2/1934) Antoloxía nacional. Os inteleituas finiseculares. Galicia [Bs As 1930]. 2ª (349), 3.
Mencións: Ramón Cabanillas ; Vicente Risco ; Antonio Noriega Varela ; Ramón Otero Pedrayo ; Castelao ;
CABANILLAS, R. (12/1942) Lexanías. Alborada. 1ª (118), 49.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións:
CABANILLAS, R. (9/1945) ¡Alén ...!. Alborada. 1ª (128), 17.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións:
CASTELAO. (9/1945) La Saudade. Alborada. 1ª (128), 37-38.
Ver narrativa Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Maruxa Boga ; Ramón Cabanillas ; Plácido Castro ; Rosalía de Castro ; Teixeira de Pascoaes ; Luís de Camoens ;
CABANILLAS, R. (3/1947) Camiño longo. Alborada. 1ª (134), 33.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións:
FERNáNDEZ, F. (12/1949) Trayectoria histórica del Galleguismo. Betanzos. 1ª (44), 23-25.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Alexandre Bóveda ; Alfredo Brañas ; Ramón Cabanillas ; Vicente Risco ; Xaime Quintanilla ; Antón Villar Ponte ; Lois Porteiro Garea ;
CABANILLAS, R. (12/1949) ¡En Pé!. Betanzos. 1ª (44), 62.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións:
CABANILLAS, R. (1/1950) ¡Alén! .... Alborada. 1ª (144), 28.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións:
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (4/1950) Cabanillas de nuevo. Galicia [Bs As 1930]. (1105), 8.
Mencións: Ramón Cabanillas ;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (11/1950) Galicia cada treinta días (septiembre). Galicia [Bs As 1926]. (452), 17 .
Mencións: Ramón Cabanillas ; Fernando Cadaval ; Manuel Colmeiro ; Ramón Otero Pedrayo ;
CABANILLAS, R. (1/1951) ¿De qué morte morreu a nosa prenda? (Poema adicado a memoria de Castelao). Betanzos. 1ª (45), 74.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Castelao ;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (4/1951) Galicia cada treinta días (marzo). Ronsel. Galicia [Bs As 1926]. (457), 10 .
Mencións: Antonio Blanco Freijeiro ; Ramón Cabanillas ; Isaac Díaz Pardo ; Celestino Fernández de la Vega ; Celso Emilio Ferreiro ; Ramón Piñeiro ;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (8/1951) Las canciones del pueblo. Galicia [Bs As 1930]. (1152), 8.
Mencións: Ramón Cabanillas ;
(1/1954) Un drama lírico gallego. Letra de Cabanillas y música de Maiztegui. Opinión Gallega. 1ª (147), 2.
Ver noticia Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Ramón Cabanillas ; Isidro Maiztegui ;
CABANILLAS, R. VILLAR PONTE, R. (1/1954) Frouseira, triste frouseira .... Opinión Gallega. 1ª (147), 5.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións:
CABANILLAS, R. MOLIèRE. (1/1954) «Píldoras sanativas» pra quenes sofren a maladia de non falar en galego. Opinión Gallega. 1ª (147), 12.
Ver narrativa Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións:
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (2/1954) 30 días de vida gallega:Glosa: Tres generaciones poéticasMiscelánea culturalPanorama artístico-musicalEl mundo de los librosInformación económica. Galicia [Caracas 1952-54]. 1ª época (9), 16 .
Mencións: Fernando Álvarez de Sotomayor ; Luís Amado Carballo ; Ramón Cabanillas ; Rosalía de Castro ; Álvaro Cebreiro ; Manuel Curros Enríquez ; Eduardo Pondal ; Antonio López Ferreiro ; Juan Naya Pérez ; Antonio Noriega Varela ; Manuel Antonio Pérez Sánchez ; Jenaro Pérez Villaamil ; Antonio Quiroga ;
CABANILLAS, R. (7/1954) ¡Meu carriño!. Orzán. 1ª (6), 16-17.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións:
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (12/1957) Noticiero Gallego. Galicia [Bs As 1926]. (498), 8 .
Mencións: Ramón Cabanillas ;
FEIJóO VARELA, J. (2/1958) Mondoñedo. Voz de Breogán, La. 1ª (3), 8.
Ver reportaxe Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Ramón Cabanillas ; Pardo de Cela ; Antón Villar Ponte ; Pascual Veiga ;
(3/1958) Correo de Galicia. Voz de Breogán, La. 1ª (4), 6.
Ver noticia Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Manuel Abelenda ; Ramón Cabanillas ; Domingo García-Sabell ; Ramón Otero Pedrayo ; Sofía Casanova ; Leonardo Abelenda Freire ;
MACIEL, A. (4/1958) ¡Padrón! ¡Padrón!. Voz de Breogán, La. 1ª (5), 4.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Ramón Cabanillas ; Rosalía de Castro ; Manuel Curros Enríquez ; Antonio Noriega Varela ; Mendes de Carvalho ;
(4/1958) Correo de Galicia. Voz de Breogán, La. 1ª (5), 6.
Ver noticia Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Ramón Cabanillas ;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (6/1958) Noticiario Gallego. Galicia [Bs As 1926]. (501), 4 .
Mencións: Ramón Cabanillas ;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (2/1959) Noticiario Gallego. Galicia [Bs As 1926]. (505), 6 .
Mencións: Fernando Bermúdez ; Eduardo Blanco Amor ; Alfredo Brañas ; Ramón Cabanillas ;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (5/1959) Catro conversas. Galicia Emigrante. (37), 8 .
Mencións: Ramón Cabanillas ; Antonio Faílde ; Aníbal Otero ; Manolo Torres ;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (4/1960) Noticiario Gallego. Galicia [Bs As 1926]. (512), 28 .
Mencións: Ramón Cabanillas ; Camilo José Cela ; Eduardo Lence-Santar ; Paloma Picasso ; Daniel de la Sota ;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (4/1964) Galicia cada sesenta días. Galicia [Bs As 1926]. (536), 9 .
Mencións: Ramón Cabanillas ;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (1970) Cabanillas na Terra do Salnés. Casa de Galicia de Unidad Gallega. , 43.
Mencións: Ramón Cabanillas ;
(12/1976) Dous mares de bágoas. Teima. (1), 32.
Ver opinión
Mencións: Ramón Cabanillas ; Celso Emilio Ferreiro ; Juan Pardo ; Antonio D. Olano ; Manolo Escobar ;
(12/1976) Escolma Teima. Teima. (2), 34.
Ver recensión
Mencións: Xesús Alonso Montero ; Ramón Cabanillas ; Manuel María ; Celso Emilio Ferreiro ; Francisco Pillado Mayor ; Henrique Harguindey Banet ; Darío Xohán Cabana ; Maruxa Barrio ; Xulia Tarrío ; Xan Cojudo ;
(12/1976) TEIMA : Primeiros pasos en sociedade. Teima. (3), 4-5.
Ver artigo
Mencións: Ramón Cabanillas ; Castelao ; Juan Pardo ; Charlie Chaplin ;
CASTELAO. (12/1976) [Ilustración de Cabanillas por Castelao]. Teima. (3), 4.
Ver ilustración
Mencións: Ramón Cabanillas ;
(1/1977) Un ano pra Villar Ponte. Teima. (5), 4.
Ver nota breve
Mencións: Alfredo Brañas ; Ramón Cabanillas ; Castelao ; Antón Villar Ponte ;
MAGARIñOS, A. (1/1977) Prensa galega (1931-1936) : "Resol" e "Ser". Teima. (6), 30-31.
Ver artigo
Mencións: Xerardo Álvarez Gallego ; Manuel Azaña ; Jesús Bal y Gay ; Eduardo Blanco Amor ; Fermín Bouza Brey ; Ramón Cabanillas ; Ricardo Carballo Calero ; Álvaro de las Casas ; Plácido Castro ; Manuel Colmeiro ; Arturo Cuadrado ; Álvaro Cunqueiro ; José Díaz Jácome ; Rafael Dieste ; Marino Dónega ; Francisco Fernández del Riego ; Bibiano Fernández Osorio-Tafall ; Ánxel Fole ; Johan Carballeira ; Aquilino Iglesia Alvariño ; Manuel Leiras Pulpeiro ; Manuel Lugrís Freire ; Luís Manteiga ; Vicente Risco ; Carlos Maside ; Antonio Noriega Varela ; Ramón Otero Pedrayo ; Valentín Paz-Andrade ; Manuel Antonio Pérez Sánchez ; Emilio Pita ; Rodolfo Prada ; Castelao ; Luís Seoane ; Ramón Suárez Picallo ; Luís Pimentel ; Antón Villar Ponte ; Victoriano Taibo ; Roberto Blanco Torres ; Camilo Díaz Baliño ; Evelio Acevedo ; Lois Peña Novo ; Eliseo Pulpeiro ; Eugenio Montes ; Aureliano José Pereira de la Riva ; Juvenal Ortiz Saralegui ; José Pasín Romero ;
CARREIRA, X. (2/1977) Conversa con Antón de Santiago : . Teima. (9), 31-32.
Ver entrevista
Mencións: Ramón Cabanillas ; Manuel Curros Enríquez ; Marcial del Adalid ; Celso Emilio Ferreiro ; Andrés Gaos ; Ramiro Cartelle ; Antón de Santiago Montero ; Modest Petrovich Musorgskiï ; Béla Bartók ;
L.O.. (2/1977) Escolma Teima. Teima. (9), 33.
Ver recensión
Mencións: Eduardo Blanco Amor ; Ramón Cabanillas ; Carlos Casares ; Xosé Díaz ; Isaac Díaz Pardo ; Víctor F. Freixanes ; Xosé Luís Méndez Ferrín ; Xosé Neira Vilas ; Francisco Rodríguez Sánchez ; Castelao ; Luís Seoane ; Emmanuel Le Roy Ladurie ; Ernest Labrousse ; Pierre Goubert ; Herman, van der Wee ; Roland Mousnier ; Antonio Eiras Roel ;
MARIñO, X. (2/1977) O remuiño. Teima. (10), 31.
Ver bibliografía
Mencións: Ramón Cabanillas ; San Juan de la Cruz ; Xosé Neira Vilas ; Aníbal Otero ; Amancio Prada ; Xaquín Marín ; Miro Casabella ; Juan Pardo ; Xosé María, "Loquis" Rodríguez Iglesias ; Antonio D. Olano ; Mikel Laboa ; Francesc Pi de la Serra ;
(4/1977) Escolma Teima. Teima. (19), 33.
Ver recensión
Mencións: Ramón Cabanillas ; Xavier Costa Clavell ; Celso Emilio Ferreiro ; Uxío Novoneyra ; Xoán Manuel Casado ; Luís Faro ; Miro Casabella ; Xose Maria Veloso ; José Mário Branco ; Ibon Sarasola ; Fiz Vergara Vilariño ;
FREIXANES, V. PIñEIRO, R. VILLARES, R. (5/1977) 17 de maio : Día das Letras Galegas : Antón Villar Ponte. Teima. (22), 37-39.
Ver reportaxe
Mencións: Manuel Banet Fontenla ; Ramón Cabanillas ; Santiago Casares Quiroga ; Camilo José Cela ; Manuel Lugrís Freire ; Manuel Murguía ; Vicente Risco ; Ramón Otero Pedrayo ; Xaime Quintanilla ; Castelao ; Antón Villar Ponte ; Xohán Vicente Viqueira ; Antón Losada Diéguez ; Roberto Blanco Torres ; Lois Porteiro Garea ; Antonio Cánovas del Castillo ; Arturo Noguerol ; Aurelio Ribalta ; Florencio Vaamonde ; Euxenio Charlón Arias ; Ramón Charlón Arias ;
MONTERO SANTALHA, J. (5/1977) Os 80 anos de Rodrigues Lapa. Teima. (24), 30-31.
Ver artigo
Mencións: Eduardo Blanco Amor ; Ramón Cabanillas ; Ricardo Carballo Calero ; Xosé María Díaz Castro ; Rafael Dieste ; Francisco Fernández del Riego ; Ánxel Fole ; Uxío Novoneyra ; Ramón Otero Pedrayo ; Ramón Piñeiro ; Manuel Rodrigues Lapa ; Silvio Santiago ;
FREIXANES, V. (5/1977) 17 de maio : As Letras Galegas : Politiza-la cultura. Teima. (24), 32.
Ver artigo
Mencións: Ramón Cabanillas ; Rosalía de Castro ; Xoán Manuel Pintos ; Antón Villar Ponte ;
(6/1977) Carlos Valdeorras : 18 anos pro teatro. Teima. (26), 47.
Ver teatro
Mencións: Ramón Cabanillas ; Manuel María ; Carlos Valdeorras Valle ;
FERNáNDEZ REI, F. (7/1977) Cambados, "Probe e fidalgo e soñador". Teima. (32), 27.
Ver artigo
Mencións: Francisco Asorey ; Ramón Cabanillas ; Ramón María Valle-Inclán ; Xesucristo ;
BARREIRO FERNáNDEZ, X. (7/1977) O galeguismo histórico (1840-1936). Teima. (32), 37-39.
Ver reportaxe
Mencións: Joaquín Arias Sanjurjo ; Juan Barcia Caballero ; Alexandre Bóveda ; Alfredo Brañas ; Ramón Cabanillas ; Salvador Cabeza de León ; Ricardo Carballo Calero ; Carlos VII de Francia ; Xosé Filgueira Valverde ; Antonio López Ferreiro ; Ramón Máiz Suárez ; Vicente Risco ; José Ortega y Gasset ; Ramón Otero Pedrayo ; Valentín Paz-Andrade ; Juan Manuel Paz Nóvoa ; Castelao ; Francisco Romero Blanco ; Antón Villar Ponte ; Xohán Vicente Viqueira ; Carlos Zubillaga ; Alejandrino Fernández Barreiro ; Antón Losada Diéguez ; Marcelo Macías y García ; Alberte Martínez López ; Lois Peña Novo ; Lois Porteiro Garea ; Esteban Quet y Puigvert ; Ramón Pérez Costales ; Manuel Lago González ; Eugenio Montero Ríos ; Alfonso Alfonso Bozzo ; Xan Moreno González ; Ramón Faginas ; Federico Gallardo ; Joaquín Díaz de Rábago ; Juan Vázquez de Mella y Fanjul ; Ramón Bernárdez ; Olimpio Pérez Rodríguez ; Pedro Pais Lapido ; Bernardo Santaló ; Urbano Anido ; Gabino, conde de Bugallal y Araujo ; José Antonio Parga Sanjurjo ; Evaristo Martelo Pauman ;