Arturo de Lombera Hermida

----

Arturo de Lombera Hermida


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Arturo de Lombera Hermida


Licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, cursou o Máster en Arqueologia del Cuaternari i Evolució Humana da Universitat Rovira i Virgili, así como Aqueología Clássica no ICAC. Foi bolseiro da Fundación Atapuerca (2009-2013). Actualmente é investigador do GEPN da USC e está asociado á UCO de Tecnoloxía lítica do Institut Catalá de Paleoecologia Humana (IPHES).
A súa principal liña de investigación é a tecnoloxía lítica, centrándose no estudo tecnolóxico e experimental dos conxuntos líticos en cuarzos en cuarcitas de varios xacementos paleolíticos de Europa e, moi especialmente, nos conxuntos galegos.
A súa segunda liña de traballo versa sobre o primeiro poboamento do NW ibérico e a súa relación co resto da Península Ibérica, nomeadamente cos xacementos da Serra de Atapuerca (Burgos).
Estas liñas enmárcanse dentro do proxecto de investigación sobre as ocupacións humanas no Plistoceno da cunca media do Miño, no que é codirector das escavacións arqueolóxicas en Cova Eirós.
Os resultados destas liñas de investigación están publicados en varias monografías, revistas científicas internacionais (Journal of Human Evolution, Journal of Anthropological Archaeology, Quaternary International…), nacionais (Trabajos de Prehistoria, Gallaecia, etc.), así como noutras obras de carácter máis divulgativo.