Concepción Largo

----

Concepción Largo


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Concepción Largo


Licenciada en Psicoloxía, especialidade Educativa pola UNED (1987) e funcionaria do corpo de Diplomados en Estatística do Estado.
De 2005 a 2016: coordinadora de Actividades Educativas do Centro Dramático Nacional (CDN) coas seguintes funcións:
Realización da publicación Cuadernos Pedagógicos do CDN, que inclúe as tarefas de redacción de textos, entrevistas, edición e documentación gráfica.
Tramitación de convenios de colaboración educativa entre o INAEM e centros educativos (universidades, institutos de ensinanza secundaria e escolas profesionais).
Coordinación do proceso de edición de todas as publicacións do CDN. Relación coa Oficina de Depósito Legal e do ISBN.
Organización de coloquios, encontros e outras actividades culturais tanto nas sedes do CDN como nos propios centros educativos que así o solicitan.
Elaboración de táboas e seguimento estatístico das representacións do CDN, con especial atención ao referido a espectadores escolares.
Mantemento e ampliación de bases de datos de institutos, colexios, universidades e asociacións culturais.
Fomento e promoción dos espectáculos teatrais no ámbito da educación secundaria e universitaria. Información e atención personalizada a profesores.
1992 a 2005: responsable do traballo de campo de diversas enquisas no Instituto Nacional de Estadística.

Concepción Largo nas actividades do CCG