Xesús Ron

----

Xesús Ron

1965 Vigo (Pontevedra)
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Xesús Ron

1965- Vigo (Pontevedra)
Actor, director e activista cultural.
Intégrase no Grupo Chévere en 1988, realizando labores de creación de textos, produción teatral, interpretación e dirección artística e escénica en máis de 30 espectáculos. En 1992 participa na creación da Nave de Servizos Artísticos-Sala NASA, ocupándose da xerencia e direción artística dende 1992 a 2011. Foi membro da xunta directiva da Red de Teatros Alternativos (1999-2003) e do consello asesor do Centro Dramático Galego (2006-2009). Entre 2002 e 2005 formou parte do Colectivo Burla Negra e da Plataforma Nunca Máis, participando na creación e desenvolvemento de proxectos de axitación cultural como “O País de Nunca Máis”, “Foro Negro da Cultura” e “Hai que botalos”. Formou parte do equipo de dirección do proxecto “A Cultura Circula” (2006), promovido pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural. En 2010 participou na creación da plataforma dixital de contidos culturais Redenasa.tv. Dirixe o programa de residencia teatral de Chévere en Teo desde 2012, ocupándose dos labores de mediación cultural. En 2015 exerceu como coordinador do Grupo de Traballo de Cultura da plataforma cidadá Compostela Aberta. Participou como relator en diversos foros, encontros e congresos sobre teatro contemporáneo: Universidad Menéndez Pelayo (1988), Festival Iberoamericano de Cádiz (1992, 1993), Festival Internacional de Londrina (Paraná, Brasil, 1994), Encontros sobre escrita dramática, Consello da Cultura Galega (1999), Festival Alternativo, Comunidad de Madrid (1999), Sitges Teatre Internacional (2000), Donostia 2016, Capital Europea da Cultura... Experiencia como instigador poético (1986-1990). Traballou como crítico de arte (1988-1992) e publicou numerosos textos en catálogos, revistas e monografías.

Publicacións nas que participou Xesús Ron

Portada de  Deseñando horizontes.
LIBRO. ACTAS

Deseñando horizontes.

Situación actual, orixe e planificación do futuro do teatro galego

Xesús Ron nas actividades do CCG