Javier Moscoso

----

Javier Moscoso


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Javier Moscoso


Doutor en Filosofía pola Universidad Autónoma de Madrid. Durante os seus anos de formación, foi bolseiro pre-doutoral no Wellcome Institute for the History of Medicine, e posdoutoral no Instituto Max Planck de Historia da Ciencia en Berlín. Previamente foi bolseiro Fulbright no Departamento de Historia da Ciencia da Universidade de Harvard. Desde a súa chegada ao CSIC, dirixe o grupo de investigación HIST-EX (http://hist-ex.com/en/), que reúne a académicos, artistas e persoal biosanitario interesado na historia e na filosofía das experiencias e emocións humanas.

Ao longo da súa carreira, traballou en tres áreas principais: a historia das ciencias da vida no século XVIII, a historia dos signos e as singularidades na Europa Moderna e a historia da dor en Occidente entre os séculos XV e XX. O seu último libro, Historia cultural del dolor, publicouse en 2011 en Taurus, e en 2012 lanzou a súa tradución inglesa en Palgrave-Macmillan. A edición francesa, que acaba de recibir o premio Libr'à nous dos libreiros franceses, apareceu en outubro de 2015. O texto foi considerado polos críticos como un exemplo de historia cultural (Prof. Johanna Bourke) ou de humanidades médicas (Fay Bound, Medical History). Na actualidade prepara un novo libro, para Taurus e Palgrave, sobre as paixóns da modernidade, así como unha historia cultural dos dentes para Reaktion Books.

Durante os últimos anos, impartiu conferencias en todo o mundo, incluído o Instituto Europeo de Florencia, o Instituto Max Planck de Historia da Ciencia, Berlín, o Instituto Max Planck de Human Development, Berlín; a Universidade de Harvard, a Universidade de Illinois, a Universidade de Los Andes, Bogotá, o ETHZ de Zürich, a Universidade de Camberra (Australia), a Universidad de Tokyo, a École des Hautes Études, París, ou o Instituto de Historia da Medicina de Xenebra, entre outras. En abril de 2014 foi nomeado Visiting Professor na University of Washington en St. Louis, USA, e máis recentemente foi nomeado Georges Lurcy Visiting Professorship na University of Chicago.