Rafael López López

----

Rafael López López


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Rafael López López


Xefe do Servizo de Oncoloxía Médica e do Grupo de Oncoloxía Traslacional do Hospital Clínico Universitario e Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela. Profesor asociado da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Cursou os seus estudos de Medicina na Universidad Autónoma de Madrid e completou a súa formación en numerosos e imporantes centros españoles.
Desenvolve unha importante actividade investigadora con máis de 150 ensaios clínicos como investigador principal e sendo o responsable da investigación traslacional en tumores sólidos que se fundamenta en de mama e dixestivo.
Actualmente, co Grupo de Oncoloxía Traslacional do IDIS está trabando en células tumorais periféricas e modelos avanzados de biopsia líquida e estudos do proceso de metástase e a súa posible utilización na clínica.
Outras liñas de investigación inclúen nano-medicina e modelización. Foi relator na Estratexia contra o cancro do Ministerio de Sanidade. Pertence á ESMO, á Sociedad Española de Oncología Médica (SEOM), á American Society of Clinical Oncology (ASCO), á American Association for Cancer Research (AACR) e á Asociación Española de Investigación Contra el Cáncer (ASEICA). Foi presidente da Sociedade Oncolóxica Galega; durante a súa presidencia redactouse a Estratexia Galega Contra o Cancro, en colaboración coa División de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde.
É autor de máis de 150 publicacións nacionais e internacionais así como capítulos de libros. Presentou numerosos relatorios en congresos nacionais e internacionais.

Rafael López López nas actividades do CCG