Biografía de Alberte Ruano Raviña
Profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela, Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública, desde marzo de 2010.
Doutor en Farmacia e Premio Extraordinario de Doutoramento, 2001. Máster en Deseño e Estatística en Ciencias da Saúde, Universidade Autónoma de Barcelona, 2001. Máster en Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias, Universidade de Santiago de Compostela, 2001.
Investigador principal de 9 proxectos competitivos sobre a epidemioloxía do cancro e publicou artigos sobre dieta e cancro de pulmón en prestixiosas revistas internacionais.
Pertence aos seguintes consorcios de investigación internacionais: International Radon Project (Organización Mundial da Saúde), International Lung Cancer Consortium (ILCCO) e GSEC Group (Genetic Susceptibility to Environmental Carcinogens); e a outros de investigación nacionais: CIBER de Epidemioloxía e Saúde Pública; CIBERESP, nodo de Santiago de Compostela. É membro do grupo de referencia competitiva ESPASS, da Xunta de Galicia.
Autor de máis de 100 artigos en revistas internacionais. Moitos deles en revistas de primeiro decil: British Medical Journal, Epidemiology, Allergy, American Journal of Epidemiology, European Respiratory Journal, Thorax, Osteoarthritis & Cartilage, Radiotherapy & Oncology, International Journal of Radiation Biology, etc. Aproximadamente, a metade de todos os artigos foron publicados en revistas de primeiro cuartil.
Estadías de investigación no Harvard School of Public Health, Departamento de Xenética e Enfermidades Complexas, Boston, Massachussets, 2006. Bolseiro Fulbright Senior Visiting Scholar, Departamento de Estado de Estados Unidos en colaboración co MEC. Universidade de Brown, Departamento de Epidemioloxía, xuño-agosto de 2015.
Recibiu diversos premios de investigación