César Loureiro

----

César Loureiro


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de César Loureiro


Comezou a construír zanfonas da man de Antón Corral primeiro, e Xaime Rivas despois, na Escola de Artes e Oficios do Concello de Vigo, no ano 1999, onde pasou 5 anos.

Continuou na Escola de Artes e Oficios na aula de lutheria antiga 2 anos máis, aprendendo as técnicas do mestre Ramón Casal en construción de arpa.
Posteriormente participou en diversos cursos de construción de instrumentos e técnica musical zanfonística na Asociación Ibérica da Zanfona e tamén en todas as clases maxistrais ás que podo acudir, como poden ser os encontros de Narón ou Rianxo.

Recentemente asistiu ao curso de fabricación de vernices artesanais co luthier Jose Catoira na Escola Obradoiro da Deputación de Lugo.
Como formación complementaria cursou estudos profesionais de axuste e mecanizaxe industrial, así como de deseño industrial asistido por CAD.
A súa formación musical é autodidacta, foi aprendendo música con diversos mestres en diferentes academias, pero nunca de xeito oficial ou regrado.

César Loureiro nas actividades do CCG